Home Pontevedra “70 persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra veranse beneficiadas polo programa...

“70 persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra veranse beneficiadas polo programa de atención integral para persoas con discapacidade que levará a cabo a asociación Amizade.”

- Anuncio -

Este programa xestionao cogami e cofinancia a Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda.

A asociación Amizade continua co “programa de atención integral para as persoas con discapacidade” o cal consiste en ofrecer unha ampla variedade de actividades e servizos ás persoas con discapacidade da comarca.
Así pois, dentro deste proxecto realízase a coordinación e xestión de diferentes actividades deportivas e de lecer así como actividades de información, prevención, sensibilización e difusión sobre diferentes temáticas asociadas á discapacidade.
Dado que se apreciou unha elevada demanda en actividades relacionais, amizade puxo recentemente en marcha un Obradoiro de coiro e un segundo grupo do Obradoiro de ocio para tentar dar resposta ás necesidades trasladadas.
A asociación tamen conta cun servizo de información e asesoramento dispoñible para todas aquelas persoas que poidan ter unha dúbida sobre calquera cuestión relacionada coa discapacidade, e aposta pola sensibilización social e política mantendo charlas en colexios da zona e reunións con representantes políticos de varios concellos.
De todas estas accións poderanse beneficiar persoas con discapacidade física, intelectual, psíquica, sensorial ou mixta da comarca, as cales moitas veces non poden acceder á oferta ordinaria por non contar coa accesibilidade axeitada ou suponer un custe demasiado elevado para beneficiarse dos servizos de autonomía persoal que precisan en tempo e forma.

Este proxecto non podería levarse a cabo sen a cofinanciación da Xunta de Galicia gracias aos impostos recabados na declaración da renda pola casiña 106 “Actividades consideradas de interese social”.

A asociación Amizade nace no ano 1988 en prol da defensa dos dereitos das persoas con discapacidade da comarca. Foi declarada de utilidade pública no ano 2015.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas