O filme, dirixido por María Alché e Benjamín Naishat, está protagonizado por Leonardo Sbaraglia e Marcelo Subiotto. As seguintes sesións cinematográficas serán o xoves 14 e o sábado 23
As películas ofrécense de xeito gratuíto no Cine Municipal da Ramallosa, estando no exterior a exposición colectiva ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’
O Concello de Nigrán e o Consulado General Argentino en Vigo ofrecen este xoves 7 de maio ás 19:00 horas a película ‘Puan’, a primeira do ‘Ciclo Cultural Argentina-Nigrán’, adicado íntegramente a divulgar autores e creacións artísticas deste país históricamente acolledor de millóns de galegos. O filme, dirixido por María Alché e Benjamín Naishat, é unha traxicomedia protagonizada por Leonardo Sbaraglia e Marcelo Subiotto e será proxectado no Cine Municipal da Ramallosa con entrada libre ata completarse o aforo. No exterior, nos corredores do Centro Comercial, está ata o 31 de maio a exposición fotográfica colectiva ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’, comisariada pola artista visual Candelaria Magliano coa participación especial de Blas González co seu traballo ‘Lights Jam Portraits’.
Marcelo (Marcelo Subiotto), un home duns 50 anos, dedicou a súa vida ao ensino de Filosofía na Facultade de Filosofía e Letras. Cando o seu xefe de Cátedra, mentor e compañeiro de aventuras do pensamento morre inesperadamente, Marcelo asume que herdará a titularidade da Cátedra que quedou vacante. O que non imaxina é que Rafael Sujarchuk (Leonardo Sbaraglia), un brillante e sedutor colega, regresará desde Alemaña para disputar a posto vacante. Comeza entón unha batalla sen cuartel entre dous profesores extremadamente opostos nos seus estilos e pedagoxías.
As sesións de cine arxentino continúan o xoves 14 de maio coa curtametraxe ‘Tu cuerpo en mi habitación’, de Axel Cheb Terrab, e a longametraxe ‘No Preguntes’, de Agustín Pallares Yoffe, mentres que o sábado 23 de maio ás 18:00 horas será un día adicado ao público familiar con entrada gratuíta mediante retirada de invitación desde unha hora antes (curtametraxe ‘El día que me quieras/ El viaje de Gardel’ e unha longametraxe por definir).
O broche de ouro ao ciclo o porá o espectáculo musical ‘Gardel en Galicia. El homenaje’, o domingo 24 na Praza da Biblioteca ás 12:00 horas, conmemorando así o Concello de Nigrán e o Consulado General Argentino en Vigo o seu ‘Día da Patria’ (25 de maio).
Exposición fotográfica colectiva. ‘Im-perfectos e dispares. Un diálogo entre fotógrafos arxentinos e galegos’. Aberta ata o 31 de maio no C.C. A Ramallosa
Comisariada pola Lic. Candelaria Magliano, coa participación especial de Blas González co seu traballo ‘Lights Jam Portraits’. Trátase dun proxecto itinerante que naceu no ámbito universitario arxentino e que, en cada nova sede, incorpora voces do lugar que o acolle.
Na serie, o retrato e autorretrato son os dispositivos propostos para reflexionar sobre identidades, pertenzas e conflitos. Non se trata dunha suma de obras, senón unha conversación: entre latitudes, entre linguaxes visuais, entre xeitos distintos de mirarse e de mirar. Que nun mesmo espazo convivan as imaxes e obras producidas por artistas de ambos os países é unha aposta ao poder movilizador da fotografía e a arte como axentes capaces de xerar acción, reflexión e encontro. É nestes dicires com-partidos onde atopamos a posibilidade de vernos nas nosas diferenzas e recoñecernos as semellanzas.
Expositores arxentinos: Ana Zych, Carlos Gato Ludueña, Azul Cooper, Pablo Zotalis, Patricia Ackerman, Camila Torti, Alejandro Buttiero, Marcos Carri, Sebastián Casartelli Re, Candelaria Magliano, Ambar Alonso, Silvina Caserta.
Proxecto invitado: Lights Jam Portraits, de Blas González

