O CONCELLO DE NIGRÁN TOMA MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A SITUACIÓN DE PREALERTA POR SECA
A diminución da auga do encoro de Zamáns, cun 13% menos que o ano anterior nestas datas, fai aconsellable reducir o uso de recursos hídricos e concienciar á cidadanía
Nigrán 23/07/26.- O Concello de Nigrán, atendendo á evolución desfavorable dos encoros, tomará desde esta fin de semana medidas destinadas a reducir o consumo de auga e de concienciación cidadá. Aínda que na actualidade non existe ningunha circunstancia que comprometa o abastecemento normal, o encoro de Zamáns, infraestrutura de titularidade do Concello de Vigo, é a única fonte de subministro de auga para o municipio e actualmente presenta un 13% menos de ocupación que o ano pasado nestas datas (74 %, fronte ao 87 %). Por este motivo, desde o Concello de Nigrán considérase oportuno actuar con anticipación promovendo medidas de uso responsable da auga como poden ser restrinxir o rego de xardíns e baldeos de espazos públicos ao mínimo imprescindible ou o peche temporalmente a partir desta fin de semana das duchas de praia e todas aquelas infraestruturas hídricas sen circuito pechado. Ademais, solicítse á cidadanía que limite o uso particular de auga ao necesario.
“A declaración de prealerta por parte do Concello de Vigo é un aviso precoz para evitar futuros escenarios de restricións e para concienciar á poboación sobre o emprego responsable da auga, unha situación que xa vivimos no 2022”, incide o alcalde, Juan González, quen engade que o propio alcalde de Vigolle lle transmitíu esta situación.

