A Agrupación Local realizará a homenaxe na comida anual dos socialistas vilagarciáns o 30 de maio,
Destacan o seu compromiso cos ideais socialistas, a súa adicación ao proxecto socialista desde a base e compromiso nos seus máis de 40 anos de militancia
O Secretario Xeral, Julio Torrado, destacou o “valor da militancia” en Manuel Barreiro, que “sempre sumou, sempre apoiou e sempre manifestou o seu espírito crítico desde a maior lealdade ao colectivo”
A Comisión Executiva Municipal de Vilagarcía do PSdeG – PSOE acordou nomear a Manuel Barreiro como Militante de Honra 2026 na celebración anual da Agrupación que terá lugar o 30 de maio. A Agrupación valorou a súa dedicación ao partido na súa dilatada militancia, así como a súa aportación ao proxecto socialista, militante incombustible de base, ao que lle leva adicado máis de 40 anos de militancia.
O secretario xeral da Agrupación Local, Julio Torrado, valorou o nomeamento de Manuel Barreiro como “un exemplo da militancia no estado máis puro”. Do homenaxeado apuntou que “sempre ten estado ao carón de calquera compañeiro/a en calquera situación, porque o seu sentimento de colectividade e equipo é inmenso”, e valorou del que “personifica a querencia polos proxectos colectivos, dende a Transición ata os modernos debates sobre a humanización urbanística das cidades ou os novos dereitos civís”.
Neste tempo, o compañeiro Manuel Barreiro participou en cinco executivas municipais, no 1988, 1990, 1991, 1994 e 1997, sendo secretario xeral Juan Antonio Pérez Callón, Javier Gago e José Vazquez Fouz, respectivamente. Do mesmo xeito, a súa aportación á Agrupación levouno a integrar catro candidaturas ás eleccións municipais no 1987, 1991, 1995 e 2015
A celebración deste nomeamento terá lugar durante a comida da Agrupación o 30 de maio no Churrasco de Rubiáns, cun prezo xeral de 25 euros, 20 para militantes, e na que se contará con servizo de atención infantil para os máis pequenos e pequenas. Os socialistas vilagarciáns convidan a participar no xantar a todas aquelas persoas que o desexen, tendo á súa disposición nos teléfonos móviles nos que poder realizar a reserva: 693406373
Desta maneira, Manuel Barreiro convertirase no décimo cuarto militante da Agrupación de Vilagarcía de Arousa en recibir a distinción de Militante de Honra, tras Seso Giráldez (2012), Rosina Villaverde (2013), José Recuna (2014), Manolo Cuervo (2015), Faustino Laya (2016), Isaac Rodríguez (2017), José Vázquez Fouz (2018), Juan Antonio Pérez Callón (2019), Eliseo Barreiro (2020/2021), Ramiro Bandín (2022), Pilar Garrido (2023), Loli Landeira (2024) e Suso Paz (2025).

