A agrupación local homenaxeou ás compañeiras e compañeiros máis veteranos do PSdeG-PSOE en Ponteareas

adminON
Lectura mínima de 2

O acto celebrouse no Centro Cultural de Guláns e contou coa  participación de José Ramón Gómez Besteiro Voceiro Parlamentario do PSdeG e David Regades Sº Provincial 

A Agrupación Socialista de Ponteareas celebrou no Centro Cultural de Guláns,  unha merecida homenaxe ás compañeiras e compañeiros máis veteranos, todas e todos  con máis de 80 anos e unha longa traxectoria no PSdeG. 

Besteiro, a quen acompañaron o secretario provincial do PSdeG de Pontevedra,  David Regades, e o secretario xeral da agrupación de Ponteareas, Delfín Domínguez,  destacou o compromiso das homenaxeadas e os homenaxeados, e, ao longo da tarde,  tivo oportunidade de conversar cos asistentes. 

Tanto o portavoz socialista coma o secretario provincial foron os encargados de  entregarlles aos protagonistas da xuntanza unha placa en recoñecemento polos seus  anos de dedicación. 

Foi un día cheo de emocións e de desexos de seguir traballando por unha  sociedade mellor, onde os valores socialistas seguirán guiando as nosas accións en  beneficio da maioría, como así o fixeron en tempos difíciles os homenaxeados. 

Gonzalo Caballero Álvarez 

 Emilio Codeseda Couto 

 María Carmen Costa Candeira  

 Manuel Pérez Fernández  

 Milagros Fernández Fernández 

Agrupación Municipal Socialista de Ponteareas 

 Adolfo Besteiro Presa 

 María Iselda Chaves Pérez  

 Bienvenida Costa Candeira  

 José Martínez Outón 

 Norma Esperanza Márquez Porto

Comparte este artigo