A Agrupación Musical de A Guarda honrará a Santa Cecilia cun concerto este sábado na igrexa parroquial

Redacción

A Agrupación Musical de A Guarda conmemorará a festividade de Santa Cecilia, patroa da música, cun concerto especial este sábado, 21 de novembro, ás 17:00 horas, na Igrexa Parroquial da Guarda.

A cita contará coa participación do grupo de vento madeira e da banda de música da, que ofrecerán unha actuación para celebrar esta data tan significativa para o mundo musical.

Con esta iniciativa, a agrupación rende homenaxe a Santa Cecilia e achega á veciñanza unha nova oportunidade para gozar da música e do traballo desenvolvido polas formacións musicais da localidade.

O concerto conta coa colaboración do Concello da Guarda e da Igrexa Parroquial da Guarda. Dende o Concello da Guarda animamos á veciñanza guardesa e visitantes a asistir a este concerto e participar nesta celebración musical aberta ao público.

Comparte este artigo