O alumnado representará este domingo 22 de novembro no auditorio municipal unha versión adaptada da obra ‘Os velllos non deben de namorarse’
Unha das obras máis emblemáticas de Castelao cobrará vida co alumnado da Aula Municipal de Teatro do Rosal, que se subirá ao escenario para interpretar de novo ‘Os vellos non deben de namorarse’, un drama en tres fases contado á maneira galega no que amor, morte e retranca mestúranse dunha maneira única. O espectáculo será este domingo 22 de novembro ás 19.00 h no auditorio municipal.
Baixo a dirección de A Artística, o alumnado representará de novo esta obra coa que baixaron o pano o ano curso pasado coa que quixeron renderlle tributo a un dos autores galegos máis universais con motivo do Ano Castelao 2025. A obra, estreada en Arxentina ante a diáspora galega do exilio, percorreu un longo camiño ata chegar ao auditorio rosaleiro recollendo as enormes posibilidades do teatro popular galego, de certos xeitos de estilización poética do imaxinario popular galego e da ironía, o sarcasmo e a retranca.
A representación é de acceso libre con entrada de balde.

