A Asociación cultural quinta do Piñeiro organiza un gran cocido que terá lugar o día 26 de xaneiro ás 14:00 horas na Casa Cultural de Corzáns. Os asistentes poderán degustar un menú composto por sopa, cocido, auga, viño, refrescos, pan, sobremesa e café. Dito evento será para a axuda da festa da Sementeira 2025.
O prezo é de 22€ para adultos e 10€ para os nen@s. As prazas son limitadas polo que os interesados deben anotarse antes do 23 de xaneiro nos seguintes teléfonos: 638450204 ou 686939855 ou a través do seu Facebook: Quintadopiñeiro Sementeira Corzáns ou no seu Instagram: @quintadopineirosementeira Por outra banda, co inicio do ano novo dita asociación anunciou a data da celebración do decimoséptimo aniversario da Festa da Sementeira e Música que terá lugar os días 10 e 11 de maio.

