A Biblioteca Municipal de Baiona amplía os seus horarios para as probas da PAU

Redacción

O Concello de Baiona amplía o horario da Biblioteca Municipal para a preparación das probas da #PAU (Proba de Acceso á Universidade), que terán lugar os días 2, 3 e 4 de xuño.

O horario ampliarase desde o luns 18 de maio ata o 3 de xuño, ambos inclusive, en horario de luns a venres de 9.00 a 21.00 horas ininterrompidas e os sábados de 9 a 14 H, xa que o horario habitual é de luns a venres de 09.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 e os sábados de 09.30 a 13.30.

O Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, sinala que “desde o Concello de Baiona hase decidido ampliar o horario de apertura e peche das instalacións para facilitar así que os estudantes que van comezar a prepararse as probas de acceso á universidade poidan facelo con maior comodidade, un apoio desde o consistorio aos escolares nesta etapa tan importante para a súa futura formación universitaria”

Comparte este artigo