A Biblioteca Municipal de Salvaterra amplía o seu catálogo coa compra de máis de 50 libros

adminON
Lectura mínima de 2

No mes do libro ademais de realizar esta adquisición contaremos con varias actividades:  a Biblioteca Viaxeira e a presentación de Raquel Castro. 

O Concello de Salvaterra de Miño ven de realizar unha compra de máis de 50 libros para  a Biblioteca Municipal de Salvaterra co fin de actualizar o catálogo e ofertar máis títulos  ós usuarios das instalacións. Entre os libros que se incorporan atopamos novelas para  adultos, literatura infantil e libros de primeira lectura para @s máis pequen@s. 

Dende a Concellería de Cultura continuase apostando polo espazo da Biblioteca que  cada vez reúne a máis persoas de tódalas idades que buscan novos títulos e unha oferta  ampla; oferta que se complementa coa solicitude de libros dos que non dispoñemos á  Rede de Bibliotecas de Galicia da Xunta de Galicia ademais de contar coa plataforma  GaliciaLe da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. 

Recordamos que coincidindo co mes do libro, durante o mes de abril organizamos varias  actividades. Por unha banda o vindeiro sábado 27 de abril ás 12:00 horas na Biblioteca  Municipal de Salvaterra a escritora Raquel Castro de Salvaterra de Miño presentará ós  asistentes as súas obras e falará da súa biografía na Biblioteca Municipal.  

Para @s pequen@s de 3 a 10 anos o Concello tamén organiza unha “Biblioteca Viaxeira” que se celebrará o 18 de abril no Centro Cultural de Alxén, o 19 de abril no Centro  Cultural de Fornelos, o 25 de abril na Casa do Maior en Leirado (espazo da biblioteca) e  o 26 de abril na Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño. As actividades todas gratuítas  comezarán ás 18:00 horas.

Comparte este artigo