Home Pontevedra A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival...

A concello abre o prazo de inscrición para participar no XXXIX Festival dos Maios

- Anuncio -

Organiza este concurso, dotado con 300 euros en premios, en colaboración coa asociación de veciños Santa Columba de Bértola

O Concello de Vilaboa convoca a XXXIX edición do Festival dos Maios, en colaboración coa Asociación de Veciños Santa Columba de Bértola, destinando 300 euros ás tres composicións florais que reúnan unha maior puntuación na modalidade cónica, única que valorará o xurado. O prazo de inscripcións, a través do correo electrónico info@vilaboa.org, está xa aberto.

O concurso está orientado a alumnado escolar de calquer idade e as bases recollen a descalificación inmediata en caso de rexistrarse algunha falta de respeto verbal nas letras dos maiores; unha decisión que correspoderá adoptar ao xurado que nesta edición estará integrado polo concelleiro de Cultura, un técnico municipal e un membro do colectivo veciñal, ou persoas nas que deleguen.

Puntuarán a calidade das letras e a utilización da tradicional retranca galega para abordar temas de actualidade tanto de ámbito político como social en canto ao carácter crítico, irónico e sarcástico do texto; tamén a calidade do canto tanto a nivel individual coma no conxunto, atendendo sobre todo a entonación, forza e o carácter harmónico do conxunto do maio e por último valorarán o mellor maio, tanto nos adornos como no aspecto exterior como no interior.

As composición que logren as maiores puntuacións serán as gañadoras establecéndose uns premios de 150 euros para o primeiro clasificado; 100 para o segundo e 50 para o terceiro.

O Festival terá lugar o día 1 de maio no campo das festas de Bértola e os maios participantes deberán estar no entorno con media hora de antelación.

Relacionadas

Rafa Domínguez confirma que a praza de Barcelos e a rúa Santa Clara serán...

0
O vicepresidente da Deputación remarca a “boa sintonía” co Concello de Pontevedra para facer realidade este proxecto e adianta que a finais de maio...

O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de...

0
O Club náutico Bahia de Baiona celebra o seu 25 aniversario cunha comida de confraternidade, ao evento asistiu en representación municipal o concelleiro de...

A voceira municipal do PP de Tomiño, Lara Meneses, vén de ser nomeada como...

0
-A líder do PP local presenta a súa renuncia como concelleira “forzada pola incompatibilidade  legal de ambas responsabilidades” e recoñece que é un día...

Ana Pastor e Pedro Puy recollen as reinvindacións da CEP quen lle deron traslado...

0
● Desde a CEP achacan ao aumento da delincuencia violenta ao aumento da droga na rúa, onde aos consumidores habituais sumáronselle novos consumidores, o...

A Biblioteca Xela Arias organiza un encontro co músico e activista Kilema

0
A Biblioteca Municipal Xela Arias, en colaboración coa Coral O Piñeiral de Chapela e máis o Coro de Voces Graves de Vigo, celebra un...

Bieito Lobeira número dous na candidatura europea

0
Este nomeamento confirma o bo momento que continua a vivir o BNG marinense e demostra que, ademais de contar con catro persoas destacadas representantes...

Publicacións Relacionadas