A academia que xestiona Teatro do Ar pechou as inscrición case con 80 alumnos e con lista de agarda
O fin de curso da escola vaise facer en tres actos no auditorio municipal: unha representación o sábado ás 20.00 horas, unha gala infantil o domingo ás 12.00 e un espectáculo de unha decena de pezas de microteatro domingo a partires das 17.30 horas
A escola de teatro municipal do Concello de Nigrán pechará o curso esta fin de semana nun curso no que se demostra que é un dos municipios con máis vida teatrall da comarca. Este ano a escola volveu a contar con case 80 alumnos, o dobre que no primeiro curso en 2021, e con varias persoas en lista de aguarda. O Concello e Teatro do Ar, a asociación que xestiona a escola, invita a veciñanza a asistir as representacións do peche do curso que comezan este sábado ás 20.00 horas no auditorio municipal coa obra “Que follón!”, do grupo de adultos da escola.
O domingo ás 12.00 horas comezará, tamén no auditorio municipal, a gala de fin de curso de infantil. Os e as peques da escola (de 3 a 12 anos) presentarán varias pezas teatrais en sesións de entre 5 e 15 persoas con variedade temática. Pola tarde, a partires das 17.30 horas, actuarán os dous grupos de maiores (+65 anos), os mozos (13-18 anos) e, de novo, o grupo de primaria.
A escola teatral do Concello de Nigrán naceu no 2021 da man de Teatro do Ar e o Goberno Municipal e nos cinco anos que ten de existencia máis de 250 persoas puideron iniciarse no teatro. O alcalde de Nigrán, Juan González, tamén aproveita para dar os seus parabéns ao alumnado polo seu gran traballo e indica “que a escola volverá con máis forza no vindeiro outono”. “É un orgullo para Nigrán reafirmarse como un lugar de referencia para o teatro galego cunha escola de tanta envergadura”.
Dende Teatro do Ar destacan que o crecemento da escola vai da man “do rico mundo teatral que estamos a construír entre todos en Nigrán” e lembran que programan xunto ao Concello e a Fegatea máis de 12 representaciósn de grupos de toda Galicia ao ano durante a primavera e o outono.

