A Feira do Libro de Ponteareas chega a súa décima edición cun amplo abanico de actividades paralelas

Redacción

O evento literario terá lugar do día 9 ao 12 de xullo contando cun total de nove librerías participantes

Os xardíns da Xiralda acollerán dende o xoves 9 e ata o domingo 12 de xullo a décima edición da Feira do Libro, baixo a organización da Federación de Libreiros de Galicia e contando coa colaboración do Concello de Ponteareas. O acto inaugural terá lugar as 20:00 horas do xoves, contando nesta ocasión como pregoeiro co ponteareán Anxo Rodríguez Rodríguez, que ven de publicar a súa primeira novela, baixo o título de “La última carta a casa”.

Si por algunha cousa destaca esta feria e por acoller numerosas actividades, como son presentación de libros, recitais ou teatro. Sen ir máis lonxe, o xoves, primeiro día de feira, a xornada comezará ás 18 horas cun obradoiro para nenos, baixo o título “Guía dos seres fantásticos que viven en Galiza sen que talvez o saibas”. As 19 horas será o turno para pa presentación do primeiro libro da feira, o de Loli Rodríguez Rodríguez, baixo o título Nailía”. Serás 20 horas cando teña lugar a presentación oficial. Destacar tamén desta primeira xornada a presentación do libro ·”Begoña Caamaño. Xornalismo para a cidadanía”, da coñecida xornalista e escritora María Xosé Porteiro.

Acento local

Dende o venres e ata o domingo, cun horario que vai das 12 as 14 horas e das 18.30 ás 22 horas, será moitas as actividades previstas, pero vai destacar de maneira especial a aposta e a promoción dos escritores locais. Concretamente, as 21 horas dos venres terá lugar a presentación do libro “Lembranzas”, do ponteareán Bernardo Freijedo. Xa na xornada do  sábado, as 18:30 horas será o turno para o pregoeiro desta edición, Anxo Rodríguez, que asinará a súa obra “La última carta a casa”, na caseta da Librería Sherwood. As 19 horas será o turno para Teresa Ríos, que asinará o seu libro “Cando calan os paxaros” na caseta da librería Ledo. Xa ás 21 horas terá lugar a presentación da obra “Pacto de Silencio” de Ana Viéitez, natural de Arbo pero afincada en Ponteareas.

 O domingo pecha a representación ponteareá Sonia Melón, co acto de sinaturas da súa obra “Do reverso da miña pel”, na caseta da Librería Ledo. Destacar que tamén se vai a presentar o fanzine “Ouriolos do estrimonio”, o sábado as 18 horas, a cargo do grupo literario “Os nabos de Gracián”, que conta con representantes de Ponteareas. Outro dos actos destacados será, o venres as 18 horas, a entrega de premios do concurso “Talento Xove”.

Destacada tamén é a participación na feira do escritor e un dos críticos literarios máis importantes de Galicia, Armando Requeixo, que presentará “Literatura insólta”. Será ás 12 horas do sábado, acompañado por Marcos Calveiro, director da Editorial Galaxia. Outro ilustre que nos visita é Fran Alonso, director de Edicións Xerais, que o sábado as 20 horas presenta a súa obra “Cáncara”.

Comparte este artigo