- O prazo de presentación de solicitudes estará aberto do 17 de setembro ao 16 de outubro
O Concello da Guarda abre mañá, 17 de setembro, o prazo para presentar as solicitudes das subvencións municipais por concorrencia competitiva destinadas ao desenvolvemento de actividades sociais, culturais e deportivas no municipio.
As entidades e persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes ata o 16 de outubro, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.
As bases reguladoras e os anexos necesarios para realizar a solicitude xa están dispoñibles na páxina web do Concello da Guarda.
A presentación das solicitudes poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello ou de maneira presencial no rexistro municipal, dentro do prazo establecido.
Con esta convocatoria, o Concello da Guarda continúa apoiando o desenvolvemento de iniciativas e actividades de carácter social, cultural e deportivo, promovidas por entidades e persoas do municipio.

