- Os municipios fronteirizos presentaron o proxecto das novas Axendas Urbanas da Foz do Rio Minho
Onte pola mañá produciuse na Casa dos Alonso unha nova sesión de traballo co resto de concellos transfronteirizos para avanzar na cooperación e dar pasos para a consolidación da Eurocidade Foz do Miño con Caminha e O Rosal.
Neste encontro presentouse a nova Axenda Urbana para a Eurocidade da Foz do Miño,que estará centrada nos ámbitos da cultura, da mobilidade, do turismo e da economía do río. Xorde como un instrumento moderno de planificación conxunta, aliñado coas prioridades europeas e adaptado á realidade transfronteiriza.
O alcalde da Guarda, Roberto Carrero, afirma que supón “un novo paso na construcción dunha visión común para o territorio transfronteirizo do Rio Miño e na consolidación dunha cooperación cada vez máis madura, estruturada e orientada a resultados cocnretos”:
Esta iniciativa está promovida no marco do proxecto REDE_GOV_MINHO, cofinanciado polo Programa Interreg VI-A, dentro da AECT Rio Minho.

