- Celebrarase o próximo sábado 9 de maio no pavillón municipal da Sangriña
A Guarda celebra o III Torneo Internacional de Judo Infantil o próximo sábado 9 de maio. Este torneo busca promover a competición en idade infantil e vai gañando participantes, ata os 500 judokas desta edición.
Este torneo conta coa participación de numerosos clubes de Galicia e tamén de Portugal, contando con xa 10 clubs do país veciño. Ademais, tamén virá un club de Ponferrada e, dando un salto máis alá coa asistencia dun club italiano de Roma.
Reuniranse judokas das categorías inferiores, desde prebenxamín ata cadete, que ofrecerán un día enteiro de judo no pavillón da Sangriña desde ás 9:30h.

