Home Pontevedra Baixo Miño A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

A mocidade tomiñesa apúntase aos bailes de serán

- Anuncio -

A OMIX de Tomiño organiza un obradoiro no que aprender as primeiras nocións do baile popular galego

A mocidade tomiñesa lánzase a bailar. A OMIX de Tomiño quenta motores para celebrar o seu obradoiro de bailes de serán, unha actividade na que a rapazada poderá aprender de forma divertida os catros principios básicos do baile popular galego (parellas, guía, música e repetición), as estruturas tradicionais e as súas posibles combinacións, as diferentes partes da música e a conexión co baile ou a creación de pasos como linguaxe grupal e diálogo.

Será unha formación de dúas xornadas de catro horas de duración cada unha impartidas por André Adrio, moi vinculado ao baile tradicional galego dende moi neno e con formación noutros estilos como a danza contemporánea, clásica e flamenco, así como en diferentes maneiras de comunicación a través do movemento.

As clases impartiranse serán os sábado 4 e 11 de maio de 10.00 a 14.00 horas no auditorio municipal de Goián. O curso terá un prezo de 15 euros por persoa e todas as e os interesados en participar poden inscribirse xa a través da web municipal.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas