A OMIX da Guarda organiza un obradoiro de elaboración de candeas artesanais

Redacción

• A actividade terá lugar o sábado 28 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, na Casa do Concello


• As persoas interesadas poden inscribirse en: https://forms.gle/RKzksRzbxrD9Zca89

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) da Guarda organiza o sábado 28 de novembro un obradoiro de elaboración de candeas, unha proposta creativa e práctica dirixida a todas aquelas persoas interesadas en descubrir o seu proceso de elaboración artesanal.

A actividade terá lugar na Casa do Concello, en horario de 10:00 a 13:00 horas, e permitirá ás persoas participantes achegarse ás técnicas básicas para elaborar as súas propias candeas, coñecendo os materiais e os pasos necesarios para crear pezas únicas e personalizadas.

Esta iniciativa forma parte da programación de actividades impulsadas pola OMIX da Guarda, co obxectivo de ofrecer alternativas de lecer creativo, fomentar a participación e achegar á veciñanza novas experiencias de aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades manuais.

As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición previa a través do seguinte formulario en liña, antes do 23 de novembro: https://forms.gle/RKzksRzbxrD9Zca89

Comparte este artigo