test
Home Vigo Nigrán A praia de Patos acolle mañá o Campionato de España de Surf...

A praia de Patos acolle mañá o Campionato de España de Surf Adaptado coa presenza dos mellores deportistas nacionais en cada categoría

- Anuncio -

O Concello de Nigrán promove este evento deportivo que, nesta edición, reune a 35 surfistas de toda España con diferentes discapacidades

Entre os participantes están Sarah Almagro, Daniel Muller, Dani Souto, Audry Pascual, Ibon Oregi, Aitor Francesena ‘Gallo’ … todos representantes do equipo español que competirá no Campionato do Mundo en California

“Patos é xa sinónimo de inclusión e diversidade en toda España. Esta competición nos ofrece cada ano unha lección de vida e de superación”, indica o alcalde, Juan González

O Concello de Nigrán será novamente a tarde deste sábado 25 de maio sede do verdadeiro surf universal coa celebración do Campionato de España de Parasurf, evento deportivo que celebra a súa cuarta edición consecutiva en Patos. O areal acolleu hai dúas semanas o trofeo ‘Concello de Nigrán’ para persoas con discapacidade intelectual de toda a comarca e agora será o escenario da competición entre os 35 mellores deportistas con discapacidade física de toda España. Aquí se xogan a súa clasificación para o Campionato Mundial en California (EEUU) estrelas como Sarah Almagro, marbellí amputada aos 18 anos de mans e pés e referencia internacional neste deporte; Daniel Muller, canario de orixe alemá sen mobilidade nas pernas; Audry Pascual, surfista madriñeña sen mobilidade nas pernas e referente tamén no ski; os vascos Aitor Francesena ‘Gallo’, invidente e bicampeón do mundo, e Ibon Oregi, subcampión do mundo con unha soa extremidade; ou o coruñés Dani Souto, con discapacidade visual e campión de Europa. Por outra banda, tamén se celebra o Campionato Galego de Parasurf. Os deportistas compiten agrupados en diferentes categorías en mangas de 20 minutos atendendo a súa especificidade (invidente total ou parcial, falta de extremidade/s superior ou inferior, surfistas que collen a ola sentados ou tumbados…).

O evento deportivo está promovido desde Quenlla Surf Clube (único clube galego adicado ao parasurf e con sede en Nigrán), Federación Galega e Española de Surf, Fundación Bimba y Lola, Xunta de Galicia, e Concello de Nigrán con financiación a través do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra. Ademais do espectáculo na auga, os asistentes poderán gozar no bar Maui de simuladores de surf en seco en pantalla de plasma, unha exhibición de como se fabrica unha táboa, música, Dj…

“Animamos á cidadanía a que veña mañá a Patos porque esta competición nos ofrece cada ano unha lección de vida e de superación. Patos é xa sinónimo de inclusión e diversidade ao acoller 4 dos 5 campionatos de España realizados ata agora. Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas. Esta é a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio e non se limita a un día, se non a todo o ano”, explica o alcalde, Juan González.

“O deporte trasmite valores como o sacrificio, tesón, constancia… e no caso do adaptado máis”, considera Luis Pena, presidente de Quenlla Surf e promotor do campionato.

“Un só ten a altura deportiva dos rivais cos que se mide, e nese sentido teño aos mellores: son exemplos de superación e de vida”, explica Senén Jalda, deportista de Quenlla afectado desde a infancia cunha parálise cerebral que lle afecta á motricidade. El participará mañá no campionato despois de quedar cuarto o ano pasado, cando só levaba un par de meses practicando, polo que espera superar esta marca. Do clube nigranés Quenlla estará tamén competindo Paulo Cabezas, surfista cego parcial subcampión de España.

Relacionadas

Lete Lasa sinala que Moaña será o o epicentro do ciclismo galego ao acoller...

0
_Destaca a participación de 200 ciclistas nestes Campionatos e sinala o nome de Alejandra Neira, do Club Ciclista Cambre, que con tan só 16...

Luis López destaca a importancia de produtos innovadores como Tintilán, o bus turístico do...

0
O presidente provincial participa en Sanxenxo xunto co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación dun proxecto piloto que se estreará este verán na...

Soutomaior acollerá o 13 de xullo a primeira edición do Festival ‘Son das Alvedosas’

0
O Concello de Soutomaior, da man da asociación cultural e xuvenil ‘Irmandiñas de Soutomaior’, organiza este evento musical e cultural. A concelleira de Xuventude, Rosana...

Unha viaxe de fantasía na procura das raíces coa Aula Municipal de Teatro do...

0
O alumnado rematará o curso subíndose ao escenario do auditorio municipal este venres 28 ás 21.00 horas Representarán ‘Vila Marabilla’, un espectáculo froito da creación...

Luis López adianta ao alcalde da Cañiza unha axuda de case 100.000 euros para...

0
O presidente provincial informou ao rexedor Luis Antonio Gómez Piña de investimentos por valor de máis de 1,3 millóns de euros ao abeiro de...

Rafa Domínguez presenta “Xulio Gil. Insercións” e remarca a calidade e beleza das pezas...

0
O vicepresidente provincial subliñou que “esta nova publicación contribuirá a completar o amplo catálogo do servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra” Participaron no acto...

Publicacións Relacionadas