Home Pontevedra Baixo Miño A praza de abastos pechará dende o luns, por seguridade, debido ao...

A praza de abastos pechará dende o luns, por seguridade, debido ao inicio da segunda fase das obras de reforma

- Anuncio -

A praza de abastos de Tui pechará a partir do próximo luns, 6 de maio, debido ao inicio da segunda fase das obras de reforma que se están a executar e que supoñen un investimento de 1,3 millóns de euros. Onte á tarde nunha reunión entre o goberno municipal e os e as praceiras acordaron que por motivos de seguridade, tanto para os propios vendedores coma para compradores, cesará a actividade na praza durante aproximadamente catro semanas.

As obras que se están executando van a moi bo ritmo e supoñen a modernización e actualización destas instalacións. Xa dende o exterior pódese ver a importante transformación e modernización que está a acometer no edificio que redundará na mellora da competitividade, da experiencia de compra, da eficiencia enerxética, produtividade, accesibilidade e sumarán un novo atractivo á zona.

Cómpre lembrar que previo ao inicio da execución deste proxecto de reforma, por parte da empresa Plaintec, o concello asumiu a recolocación de todos os praceiros nun espazo interior da praza de abastos planificando a obra en dúas fases  para minimizar ao máximo posible a afección na actividade dos praceiros e praceiras. Nesta recta final, por motivos de seguridade, coma se sinalou, é preciso parar a actividade comercial na praza durante catro semanas.

Relacionadas

A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa SmartPeme

0
Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e programación A Deputación de Pontevedra, a través do programa SmartPeme de asesoramento tecnolóxico...

A Deputación organiza no Museo de Pontevedra unha xornada sobre Alfredo García Alén, figura...

0
A actividade terá lugar o xoves 30 de maio no Edificio Castelao e nela abordarase a traxectoria vital de García Alén, a súa faceta...

A Deputación leva esta semana a Soutomaior as XX Xornadas de Xenealoxía, Heráldica e...

0
As xornadas terán lugar entre este martes, 21 de maio, e o xoves 23 na Sala do Tapiz do Castelo de Soutomaior e abranguen...

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

Publicacións Relacionadas