A Xunta de Galicia ven de notificar a concesión de 67.820,12€ ao concello de Salvaterra de Miño para a contratación de 4 persoas traballadoras desempregadas para a realización do proxecto “Servizo de Protección Medioambiental”

Redacción

O pasado mes de febreiro o Concello de Salvaterra de Miño presentaba a solicitude dunha subvención para a contratación de 4 persoas traballadoras para a realización do proxecto do SERVIZO DE PROTECCIÓN MEDIOAMBIENTAL, a través do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, para reforzar os traballos que se están realizando e aos que tamén se unirán un conductor e dous peóns forestais máis para realizar traballos de desbroce e mantemento en sendeiros e viais municipais a través do Plan + Provincia, durante estas semanas.

Esta semana pasada a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración comunicaba a resolución da mesma coa concesión da axuda de 67.820,12 euros para a contratación dun operador de maquinaria agrícola móvil e 3 peóns forestais durante 9 meses.

Comparte este artigo