Home Pontevedra Aberta a inscrición no tradicional concurso dos maios

Aberta a inscrición no tradicional concurso dos maios

- Anuncio -

O Concello de Pontevedra abriu onte o prazo de inscrición do tradicional concurso dos maios que se celebrará o vindeiro 1 de maio na praza da Ferraría, a partir das 11.00 horas. O certame comezará coa Benvida ao maio que este ano farano as poetisas Elvira Jardón e Cynthia Méndez; a continuación desenvolverase o concurso coa participación dos grupos inscritos.

As persoas ou entidades interesadas poderán inscribirse a través do Rexistro municipal ou da sede electrónica na seguinte ligazón:
https://sede.pontevedra.gal/public/catalog-detail/208

A Concellaría de Cultura que dirixe Demetrio Gómez fai unha achega de 6.250 euros para os premios do concurso que serán os seguintes:
• Premio por participación a cada maio: 150,00 euros
• Premio especial do xurado: 300 euros.
• Premios ao maio tradicional
• Premios ás cantigas
• Premios á interpretación
• Premios á coroa
Nestas catro últimas categorías os premios serán

  1. 350 euros
  2. 300 euros
  3. 250 euros
  4. 100 euros

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas