Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño Abertas as inscricións para atopar o tesouro con ‘Á procura dos Niños...

Abertas as inscricións para atopar o tesouro con ‘Á procura dos Niños na Ruta da Eurocidade Cerveira-Tomiño’

- Anuncio -

Será unha tarde de descifrado de pistas, códigos e enigmas arredor da historia do territorio común da Eurocidade. O 30 de maio, de 14.00 a 18.30 horas no Parque de Lazer do Castelinho

A mocidade dos concellos de Tomiño e Vila Nova de Cerveira vai ser desafiada a participar nunha tarde de descifrado de pistas, códigos e enigmas arredor da historia do territorio común da Eurocidade Cerveira-Tomiño. Será na actividade “Á procura dos Niños na Ruta da Eurocidade”, un xogo de busca do tesouro que se celebrará o vindeiro 30 de maio. As persoas interesadas en participar poden xa inscribirse ata o vindeiro 24 de maio.

Cunha duración máxima de 120 minutos, a proba peonil de orientación para equipos aborda temáticas diferenciadas como música, cinema, deporte, cultura e monumentos  relacionados con Cerveira fomentando os lazos de proximidade entre todas e todos os participantes, estimulando o coñecemento do territorio e promovendo o espírito de pertenza.

Nesta actividade poderán participar todos os mozos e mozas de Tomiño e Cerveira, así como a mocidade que estude ou pertenza a algunha asociación con sede nestes concellos. Os participantes deben ter idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos, ambos incluídos, presentándose en equipos de ente 3 e 5 persoas.

O xogo de orientación “Á procura dos Niños na Rota da Eurocidade” terá lugar no centro histórico de Vila Nova de Cerveira, co punto de encontro no Parque de Lecer do Castiñeiro, entre as 14.00 e as 18.30 horas. A inscrición é gratuíta, pero obrigatoria enviando un formulario cuberto ao enderezo electrónico juventude@cm-vncerveira.pt.

Normas de participación e formulario de inscrición en: bit.ly/PeddyPaperEurocidade

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas