Alexandre Míguez Cores, deportista do Club PiragüismoVilaboa, representará a España no Campionato de Europa de Sprint traslograr unha dobre clasificación europea en tan só oitodías

Redacción

Alexandre Míguez Cores, deportista do Club Piragüismo Vilaboa, de 18 anos recentemente cumpridos, representará a España no vindeiro Campionato de Europade Sprint despois de protagonizar un dos logros máis destacados da tempada aoconseguir a clasificación para dous Campionatos de Europa diferentes en tan só oitodías. O pasado 22 de maio, Alexandre logrou a clasificación para o ECA Canoe Sprint Junior & U23 European Championships na proba de K2 1000 metros júnior. Tan só oitodías despois, o 30 de maio, conseguía tamén a clasificación para o ECA Canoe MarathonEuropean Championships na proba de K1 júnior. Trátase dun logro pouco habitual no piragüismo de alto nivel, xa que supón acadar aclasificación internacional en dúas modalidades con características e esixencias moi diferentes, demostrando a extraordinaria versatilidade e o nivel competitivo do novopadexeiro galego.

Porén, este éxito non puido celebrarse inmediatamente. Aínda que as dúas clasificacións foron obtidas a finais de maio, houbo que agardar ata o pasado 5 dexuño para coñecer a decisión definitiva sobre a competición internacional na que Alexandre representaría a España. Por este motivo, nin o propio deportista nin o Club Piragüismo Vilaboa realizaranataomomento ningunha comunicación pública ao respecto, á espera de que a situaciónquedase resolta.

Como o propio Alexandre recoñecía durante estes días: “Será o éxito que máis tardei en celebrar”. Finalmente, a Dirección Técnica da Real Federación Española de Piragüismo recoñeceuque Alexandre gañara plenamente, por méritos deportivos propios, o dereito a decidir en que campionato desexaba representar a España. O deportista optou por competir no Campionato de Europa de Sprint, unha decisiónque afronta con enorme ilusión, responsabilidade e agradecemento. Para Alexandre, esta clasificación ten ademais un significado especial. Tras a súa participación no Campionato do Mundo de Maratón de 2025, celebrado en Hungría, onde defendeu por primeira vez as cores da selección española e logrou un sextoposto na proba curta e un oitavo posto na proba longa, o Europeo de Sprint suporáoseu debut internacional nesta disciplina e a confirmación da súa capacidade para competir ao máximo nivel en modalidades moi diferentes do piragüismo. “Estou moi feliz por poder representar a España no Campionato de Europa de Sprint. É unha oportunidade moi importante para min e vou traballar ao máximo para chegar nas mellores condicións posibles”, sinala Alexandre. En canto sexa convocado pola Real Federación Española de Piragüismo, incorporaraseá concentración do Equipo Nacional en Trasona xunto ao resto dos integrantes da selección júnior para preparar a proba de K2 1000 metros. Alexandre tamén quixo amosar o seu agradecemento a todas as persoas que contribuíron a atopar unha solución a esta situación e, de maneira especial, ao seleccionador nacional de maratón pola comprensión amosada durante todo o proceso. Así mesmo, desexa trasladar todo o seu apoio e os seus mellores desexos aos compañeiros que representarán a España no Campionato de Europa de MaratóndePitești, confiando en que poidan acadar grandes resultados para o noso país.

Un éxito construído dende Vilaboa

A dobre clasificación europea adquire aínda máis valor se se ten en conta o contextono que Alexandre desenvolve a súa actividade deportiva. A diferenza doutros deportistas que realizan a súa preparación diaria en centros detecnificación ou programas de concentración permanente, Alexandre adestra habitualmente dende o seu club de orixe, o Club Piragüismo Vilaboa, onde construíutoda a súa traxectoria deportiva.

A súa progresión é froito de anos de esforzo, disciplina e constancia, pero taméndotraballo realizado polos seus adestradores, do apoio incondicional da súa familia edocompromiso de toda a contorna que o acompaña desde os seus inicios. O Club Piragüismo Vilaboa é unha entidade modesta, con arredor de 50 socios e situada na parroquia de Paredes (Vilaboa). Malia iso, conseguiu consolidarse entreos mellores clubs do panorama nacional. Actualmente compite na División de Honra Nacional tanto na Liga Sprint Masculinacomo na Liga Nacional de Paracanoe, enfrontándose cada tempada a clubs con estruturas moito maiores e a numerosos deportistas olímpicos e internacionais. Estes resultados son unha mostra do excelente traballo que se realiza desde a baseedemostran que, con esforzo, compromiso e o respaldo de institucións, empresas colaboradoras, patrocinadores e particulares, tamén dende un pequeno club dunhaparroquia como Paredes é posible alcanzar a elite do deporte nacional e consolidarseentre as entidades máis competitivas do piragüismo español. A clasificación de Alexandre para dous Campionatos de Europa nunha mesma tempadasupón un motivo de orgullo para o club, para o municipio de Vilaboa e para todoopiragüismo galego, ademais de constituír un recoñecemento ao traballo diario querealizan deportistas, técnicos, familias, colaboradores e patrocinadores. Agora, coa vista posta no Campionato de Europa de Sprint,

Alexandre afronta undos retos máis importantes da súa carreira deportiva coa ilusión, a humildade e o compromiso que lle permitiron alcanzar un logro ao alcance de moi poucos deportistas: clasificarse para dous Campionatos de Europa en tan só oito días.

Comparte este artigo