Home Pontevedra Caldas Ana Pastor sinala que o PP propón para a provincia máis tecido...

Ana Pastor sinala que o PP propón para a provincia máis tecido industrial e oportunidades e menos impostos

- Anuncio -

• A candidata tamén amosou o seu apoio á creación dun apeadoiro ferroviario que favoreza a mobilidade na zona: “Fixar poboación no rural require de servizos e o apeadoiro daría aos veciños de Valga e doutras localidades da contorna facilidades para a mobilidade, permitíndolles prescindir de vehículos privados, reducindo a contaminación e os accidentes”.

A candidata ao Congreso, Ana Pastor, visitou esta mañá en Valga as instalacións da empresa Extrugasa, referente do sector do aluminio, que xera oportunidades e máis de 800 postos de traballo, e exporta a todo o mundo. Un referente a nivel galego, sinalou Pastor, e un exemplo do que o PP propón para o futuro desta provincia a partir do 23 de xullo: “máis tecido industrial e oportunidades, menos impostos e reducir toda a carga burocrática e administrativa á que teñen que facer fronte as empresas, para que compañías como Extrugasa poidan seguir crecendo”.

Durante a visita, Ana Pastor estivo acompañado polo xerente da empresa, do alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, da secretaria provincial do PP, Luisa Piñeiro, e dos tamén candidatos ao Congreso, Juan Andrés Bayón, Sara Martínez e Carmen Gómez. Apostou por ofrecer seguridade xurídica que facilite a actividade empresarial e emprendedora, que contribúa a xerar emprego e oportunidades, unha seguridade que a partir do 23 de xullo, sinalou, pode ofrecer un Goberno do Partido Popular liderado por Núñez Feijóo.

Na súa visita a Valga, Ana Pastor tamén puxo de manifesto o seu apoio á creación dun apeadoiro ferroviario que favoreza a mobilidade na zona. A candidata lembrou que esta é unha vella demanda do Concello que ela persoalmente e o Partido Popular respaldan dende hai anos. Lembrou, neste sentido, que esta obra estaba recollida no Protocolo de Colaboración que en 2016 asinaron o Concello de Valga e o Ministerio de Fomento sendo ela ministra.

Ana Pastor lamentou que dende entón non se teña avanzado nada nesta actuación, que sería de gran importancia para Valga. “Fixar poboación no rural require de servizos e o apeadoiro daría aos veciños de Valga e doutras localidades da contorna facilidades para a mobilidade, permitíndolles prescindir de vehículos privados, reducindo a contaminación e os accidentes. Estudantes que teñen que desprazarse ás cidades para estudar na Universidade, pacientes que deben acudir a hospitais, entre outros, serían usuarios do ferrocarril se o tren parase en Valga, como vén demandando o Concello. Ademais, dos centos de empregados que a diario se trasladan a este municipio para traballar nas importantes fábricas existentes. Extrugasa, que hoxe visitamos, é un exemplo. Esta vila é unha potencia empresarial e merece uns servizos que estean á altura”.

Relacionadas

A alcaldesa de Mos estuda co novo Conselleiro, José López, importantes proxectos culturais para...

0
Destacan entre eles a terceira fase da rehabilitación da antiga Reitoral de Petelos e a posta en valor do Castro de Torroso A alcaldesa de...

O concello de Bueu consegue o distintivo azul para o Estaleiros de Purro e...

0
• Este espazo, englobado na zona da Banda do Río, recibe por primeira vez o galardón polo que, segundo destaca o alcalde, “seguimos reforzando...

Alcaldes dos 5 concellos con cárceres reúnense en Madrid con representantes de institucións peninteciarias

0
Solicitan unha compensación económica pola prestación de servizos públicos municipais e polo custo reputacional e o impacto que supón na súa imaxe dispoñer deste...

Sinalización intelixente e contidos dixitais de enogastronomía, primeiros avances nos proxectos do PSTD do...

0
Alcaldesas, alcaldes, concelleiros e concelleiras fixeron un balance dos primeiros pasos que se están a dar para levar a cabo iniciativas relacionadas coa transición...

Abre a exposición “Brontë, Shakespeare y otros frikis: Clásicos que has leído sin saber...

0
Poder visitarse en Tui até o 8 de xuño Avanzando na programación de “Tui en Letras 2024” a Biblioteca Municipal de Tui acolle ata o...

A campaña de tarxetas regalo do Concello tivo un impacto na economía local de...

0
Depositáronse no Buzón da Oficina de Turismo algo máis de 3.000 tickets, o que supón un bo síntoma de que moitos marinenses escolleron os...

Publicacións Relacionadas