- O Concello de Arbo invirte máis de 100.000,00 €.- na mellora das instalación deportivas, entre as que se atopan o Campo de Fútbol e o Pavillón Polideportivo
- 33.268,59€.- para obras de “REFORMA DE VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL”, tras resolución de concesión de subvención da Deputación provincial de Pontevedra- PLAN EXTRAORDINARIO DE INFRAESTRUTURAS DEPORTIVAS (PEID).
- 71.002,86€.- para obras do “INSTALACION DE AEROTERMIA EN CAMPO DE FUTBOL E SUSTITUCION DE LUMINARIAS EN PABELLON MUNICIPAL DE ARBO)”, tras resolución de concesión de subvención da Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia por importe de 60.000€.- , o restante será financiado con cargos a fondos propios do Concello de Arbo.
O Concello de Arbo invirte máis de 100.000,00 €.- na mellora das instalación deportivas, entre as que se atopan o Campo de Fútbol e o Pavillón Polideportivo. As obras están financiadas pola Deputación Provincial de Pontevedra por importe de 33.268,59€.-, pola Dirección Xeral da Administración Local da Xunta de Galicia por importe de 60.000€.- e o restante será financiado con cargos a fondos propios do Concello de Arbo.
REFORMA DE VESTIARIOS DO CAMPO DE FÚTBOL MUNICIPAL
Cun importe de 33.268,59€.- o obxecto da actuación consiste na intervención funcional consistente en aproveitar os dous espazos de grandes dimensións destinados a almacén e despacho, para crear dous vestiarios máis, reducindo a superficie de almacén e despacho e resolver as filtracións de auga da fachada.
Estes vestiarios son máis reducidos que os existentes, pero seguen a mesma organización formal para facilitar o trazado e conexión ás instalacións de saneamento e fontanería existentes.
A intervención é o resultado de dúas necesidades:
a) Unha funcional: Dotar ao campo de fútbol de máis vestiarios.
b) Unha construtiva: Resolver a patoloxía da entrada de auga pola fachada.
Ademais procédese a facer accesible un aseo de público dos xa existentes, xa que actualmente non cumpre normativa.
“INSTALACION DE AEROTERMIA EN CAMPO DE FUTBOL E SUSTITUCION DE LUMINARIAS EN PABELLON MUNICIPAL DE ARBO)”
Con un importe de por importe de 71.002,86€.- as obras incluídas son a substitución da caldeira de gas actual do Campo de Futbol Municipal por unha bomba de calor aerotérmica, co sistema de xeración de enerxía térmica para os acumuladores de auga quente sanitaria, ACS.
Ademais, exponse a substitución de todas as luminarias da pista deportiva do pavillón municipal, por luminarias de maior eficiencia con tecnoloxía LED.Os obxectivos xerais desta medida son: Adecuar os niveis de iluminación ás necesidades visuais. Mellorar a eficiencia e o aforro enerxético, coa consecuente diminución de emisión de gases de efecto invernadoiro e Reducir os gastos derivados do consumo eléctrico e do mantemento das instalacións.
En definitiva, modernízanse as instalacións municipais, adaptándoas ao uso de enerxías menos contaminantes e renovando os equipos obsoletos. Esta modernización conleva a adaptación do edificio á normativa vixente, cumprindo coas esixencias establecidas polo Código Técnico da Edificación (CTE), así como co Regulamento de Instalacións Térmicas nos Edificios (RITE), que determina a obrigatoriedade de utilizar enerxías renovables nas instalacións de calefacción e de auga quente sanitaria de todos os edificios.