Home Pontevedra A Paradanta Arbo recibe unha achega da Deputación para mellora da estrada de Casanova...

Arbo recibe unha achega da Deputación para mellora da estrada de Casanova (Mouretán)

- Anuncio -

• Concello de Arbo recibe unha achega da Deputación de Pontevedra con cargo o Plan + Provincia 2024 para realizar obras en Casanova – Mourentan

• Importe das obras ascenden a 83.208,30 € (IVE do 21% incluído que ascende a 14.441,11€) e estanse a licitar a través da plataforma de contratación do Estado

O Concello de Arbo continúa no seu afán de optimizar a súa rede municipal de estradas, mellorando así, a seguridade viaria, tanto para vehículos como para peóns. Para conseguir este obxectivo está a reparar as estradas e pistas municipais, eliminando obstáculos e imperfeccións; ademais, pretende ampliar os viais e mellorar os trazados actuais.
Dada a ampla superficie do concello, e o gran número de estradas existentes, a tarefa de mantelas todas en perfecto estado é complicada, sendo necesarios proxectos de ensanche e pavimentación que melloren substancialmente ditas estradas para elo, e co fin de mellorar a estrada de Casanova, o Concello de Arbo recibe unha achega da Deputación de Pontevedra con cargo o Plan + Provincia 2024 por importe de 8383.208,30 € (IVE do 21% incluído que ascende a 14.441,11€).
As obras incluídas neste proxecto consisten no ensanche e a pavimentación dun camiño municipal, no lugar da Casanova, na parroquia de Mourentán e as mesmas licitaranse a través da Plataforma de contratación do Estado.
O camiño é de titularidade municipal, e atópase en terra, entroncando coa estrada provincial EP-5003. Dado a súa escasa anchura, exponse alargar a plataforma ata os 3,50 m, e pavimentalo con mestura bituminosa en quente, para elo será necesario executar muros de contención para proceder ao ensanche, que se executarán con cachotería granítica.
O Concello conta coa concesión de subvención no marco do incluído no Plan de obras e servizos de competencia municipal (PLAN + PROVINCIA 2024) con destino ao financiamento do 100% do investimento para a obra incluída no “ENSANCHE E PAVIMENTACIÓN NO LUGAR DE A CASANOVA (MOURENTÁN)” e coas actuacións previstas preténdese optimizar o servizo que ofrece o camiño, realizando un ensanche necesario, e unha pavimentación que permita aos vehículos transitar de forma segura polo vial.

Relacionadas

O IES de Salvaterra inaugura o patio inclusivo dentro do seu I Festival das...

0
O pasado mércores o IES de Salvaterra de Miño organizou o I Festival das Letras Galegas, unha máis das actividades enmarcadas dentro do mes...

A Feira Abanca Semana Verde arrancou hoxe coas súas propostas máis profesionais

0
A Feira Internacional Abanca Semana Verde arrincou hoxe a súa 46ª edición, a cal foi inaugurada polo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Nesta...

Os mellores exemplares das razas autóctonas en perigro de extinción decidíronse hoxe na feira...

0
OS SEUS CONCURSOS MORFOLOXICOS TUVIERON LUGAR NO MARCO DESTE CERTAME MULTISECTORIAL, EN CUXA EXPOSICIÓN SE PODEN VER ESTES ANIMAIS DENDE HOXE E ATA O...

Nace o Observatorio da Xunqueira de Ramallosa, un proxecto pioneiro en accesibilidade e tecnoloxía...

0
Trátase dun proxecto promovido polo Concello de Gondomar financiado pola convocatoria Leader 2023-2024 a través de EuRural Favorecer o achegarse á natureza sen obstáculos físicos...

A Rosa de Mos inicia nova etapa tras médio século de historia

0
A 51 edición da festa trasládase ao Pazo de Mos e ten como pregoeira á influencer mosense Tamara García Esta mañá tivo lugar na contorna...

O BNG de Vigo agarda que a Xustiza poña luz na “chanchullada escura” que...

0
A fronte nacionalista agarda que o proceso xudicial que se vén de iniciar permita aclarar até o final o escándalo levantando a “xigantesca alfombra...

Publicacións Relacionadas