Home Pontevedra A Paradanta Arbo, rende homenaxe aos arbenses na Gala da Lamprea

Arbo, rende homenaxe aos arbenses na Gala da Lamprea

- Anuncio -
  • O acto terá lugar o vindeiro domingo día 21 de abril no Auditorio do Centro Multiusos
  • Entre os agasallados están o equipo de biberóns do Concello de Arbo, As patinadoras Arbenses, o Veterano de Fútbol de Arbo, o Equipo de futbol Sala Muebles 2000 F.S e Manu Castro
  • Tamén se fará entrega da máxima distinción que o Concello outorga aos Irmans Puga e a A.C Barca de Loimil

O vindeiro domingo 21 de abril ás 18:00horas, o Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, acollerá a Gala da LXIV Festa da Lamprea.

No citado acto farase Entrega dos premios ao alumnado do CEIP Antonio Carpintero gañadores/as do concurso de debuxo e redacción da LXIV Festa da Lamprea, do Certame Brais Alonso e do Concurso de Carteis da LXIV Festa da Lamprea.
Farase un repaso e recoñecemento aos deportistas arbenses que destacaron no ano 2023 e 2024 entre os que se atopan As patinadoras (María, Carmen, Iría, Candela, Daniela, Eliana e Marta), o equipo de biberóns do Arbo C.F, ao futbolista Manu Castro, ao Equipo de Veteranos de Fútbol de Arbo e ao Equipo de Futbol Sala Muebles 2000 F.S

Nesta Gala tamén outorgamos o galardón de Arbense Distinguido, máxima distinción que outorga o Concello de Arbo, e que neste 2024 recaiu nos Irmans Puga Justo, Alfonso ( da Capitana), Xesús (Pequerricho) e Xosé (Xosé da Casanova) por ser continuadores da música dos Vellos Gaiteiros, ser unha referencia musical da Vila de Arbo, formar parte da historia da Festa da Lamprea por ter amenizado ao son das súas gaitas os actos festivos dende a súa Primeira Edición, por continuar, transmitir e conservar unha variada tradición popular, incluídos os compases da “Danza da Nosa Señora do Libramento” e a A.C Barca de Loimil fío de unión entre os vellos gaiteiros, os Irmáns Puga coas novas xeración de Gaiteiros. Por ser xunto cos Vellos Gaiteirose os Irmáns Puga un referente cultural creador e acolledor e seguir transmitindo e mantendo as tradicións arbenses e por ser un símbolo social e cultural do que é un pobo raiano.

Dentro do progama de actos esta a actuación de Antonio Barros, con Cantigas Populares Galegas.

Relacionadas

200 ciclistas rodarán esta fin de semana na oitava edición da “Chanllenge Rías Baixas”

0
• A proba organizada polo club Master Louriña consta de tres etapas que pasarán por Mos, Ponteareas e O Porriño os días 4 e...

O Gran Premio Concello de Mos da Challenge As Rías Baixas será puntuable para...

0
Será o vindeiro sábado 4 de maio con saída e chegada ao Pazo de Mos A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de...

O Pleno de Mos aproba o cambio a uso docente da parcela do Rebullón...

0
Así inícianse os trámites necesarios para o proxecto, licitación e construción do novo centro O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe por maioría o...

O mellor surf déixase ver na Praia de Patos

0
O sábado 27 celebrouse próbaa Patos Surfing Kids da liga Nacional Surfing Kids na Praia de Patos (Nigrán). A proba foi organizada pola Federación...

Identificadas 39 especies na Ruta Ornitolóxica pola beira do Miño este domingo

0
Con este exitoso percorrido comezaron as Rutas de Natureza que organiza o Concello Exitoso comezo esta fin de semana das Rutas de Natureza que promove...

Tui vive esta fin de semana festa do balonmán galego coa Final 4 cadete

0
O pavillón Gustavo Rodríguez acollerá o sábado as semifinais e o domingo as finais. O Balonmán Tui buscará na categoría masculina a praza para...

Publicacións Relacionadas