De luns a xoves ofrécese a posibilidade de practicar taichi, ximnasia e hipopresivos
As inmediacións da praia fluvial de A Freixa acollerán durante os meses de xullo, agosto e setembro, actividades ao aire libre para maiores de 18 anos. Trátase da segunda edición do programa estival de actividades ao aire libre promovido pola concellería de Benestar Social do concello de Ponteareas, co título de “ActivaTea”.
Baixo a dirección do profesional Luis Arguelles os luns e mércores será o turno para a práctica do Taichi, dende as 10 ata as 11 horas. O martes será o momento de sumarse ás clases de Ximnasia de Mantemento, dende as 11 e ata as 12 horas. O xoves será o momento de traballar os Hipopresivos, tamén dende as 11 e ata as 12 horas
Para todos aqueles que queiran adicar unhas horas a practicar deporte moderado, cabe salientar que non é obrigatorio inscribirse, simplemente terán que achegarse ata a tarima que está situada no zona dos chiringuitos.

