Arte, concienciación e benestar animal danse a man na primeira edición ‘ O Porriño Animal Fest’ para dicir “non ao maltrato animal

Redacción

● O evento celebrarase o sábado día 30 de maio coa participación de 15 protectoras e seis artistas que intervirán 6 contenedores adaptados para las colonias felinas callejeras.

O Porriño serán o escenario o vindeiro sábado 30 de maio de 2026 dunha xornada para a defensa dos animais. Baixo o lema “O noso encontro cos animais”, participarán nel un total de 15 asociacións protectoras e asociacións da rexión e de ámbito estatal, sendo orgaizado por Gatitude e o Concello do Porriño.

Este evento, de entrada totalmente gratuíta, nace co obxectivo principal de alzar a voz contra o maltrato animal, promover o benestar das mascotas e concienciar á cidadanía sobre a tenencia responsable. Trátase dunha resposta colectiva ante a necesidade urxente de visibilizar e concienciar sobre a situación de vulnerabilidade que sofren miles de animais, dando a coñecer o labor diario das protectoras para evitar o abandono.

Un programa completo para toda a familia

A xornada, que convida a participar a todas as familias na praza Arquitecto Antonio Palacios, teñan ou no mascota, contará con actividades solidarias e culturais. Por un lado haberá unha intervención artística na que participarán Eva Casais, Emma Suárez, Anxo Facal y Xabela García Rionegro, Sheila Viqueira y Miriam Benítez, El Taller de la Musa e Bruno Vázquez y sus alumnos da Escola de Arte de Ponteareas, creando e decorando seis contenedores adaptados para as colonias felinas. Unha intervención que será refuxio o arte no municipio.

Ademais celebrarse unha mesa redonda na que que se falará do maltrato e o abandono desde distintas perspectivas: a da administración, a das protectoras ou a dos adoptantes.

Haberá ademáis postos informativos e de recadación de fondos de cada protectora, que inclúe un posto principal de comida e bebida, unha tómbola con premios doados polo comercio e hostalería local, e un caricaturista solidario.

Durante a xornada, haberá música para todos os gustos. O público disfrutará dunha proposta aberta a todos os xéneros grazas as sesións de DJ Dorman e Dj Mario e as actuacións en vivo dos grupos de Holy Honey Live set, Grupo 4 Notas, Grupo “Fuchi”s band” e Grupo Silenzio, entre outros.
“A música e a concienciación social serán o fío condutor de todo o día”, explica o alcalde, Alejandro Lorenzo. A entrada será libre, nun evento que se celebrará entre as 11:00 e ás 21:00h.

Comparte este artigo