- Éxito de participación no XVII Encontro de Mulleres do que formaron parte máis de 150 mulleres.
- Unha cita que neste 2026 tivo como destino A Guarda e A Fortaleza (Portugal)
O 19 de abril foi a data elixida polo concello para celebrar o seu XVII Encontro de Mulleres, unha cita que contou con éxito de participación coa asistencia de máis de 150 mulleres.
Un evento ao que asistiron a concelleira de Igualdade, Rosana Martínez Boullosa e a concelleira de Asociacións, Charo Bouzón, e que tivo como obxectivo fomentar a convivencia e o empoderamento entre as mulleres do municipio.
Esta actividade contou con financiamento por parte do concello, da concellería de Igualdade e de Benestar Social, e, contando con este investimento as mulleres que desexaron asistir tiveron que pagar unha parte que foi de 20 euros as mulleres empadroadas e de 25 euros para as non empadroadas. Un prezo que incluíu todas as actividades e traslados organizados durante toda a xornada deste encontro.
Un Encontro que comezou ás 9:00 da mañá da xornada do domingo coa saída do concello rumbo á Guarda. Unha vez chegadas á Guarda as asistentes puideron desfrutar dunha visita guiada por esta fermosa vila mariñeira.
Trala actividade de maña tivo lugar o xantar no Cruceiro do Monte, en Tui, e unha vez finalizado o xantar a actividade da tarde trasladouse e a unha visita á Fortaleza de Portugal onde puideron realizar da súa contorna e tamén das numerosas tendas que se sitúan neste espazo.
Tras un fermoso día de intensa actividade e de desfrute o regreso deste encontro foi 19:45h. dende A Fortaleza coa chegada ao concello en torno ás 21:00h.

