Free Porn
xbporn
Home Pontevedra As palilleiras de Vilaboa aportarán o toque artesanal na XI Festa do...

As palilleiras de Vilaboa aportarán o toque artesanal na XI Festa do Viño

- Anuncio -

Unha cata para medir a calidade dos caldos de adegueiros e colleiteiros; a música de Treixadura e da Escola da Banda de Música de Vilaboa completan o programa

As palilleiras de Figueirido, auténticas artesanas do século XXI, estarán esta fin de semana na carpa que se instalará en Riomaior para acoller a XI Festa do Viño. Palillos, fíos, agullas, mundillos, moita destreza, creatividade, paciencia e concentración facilitarán que estas mulleres de Vilaboa capten co seu bo facer a atención de quen se achegue ao recinto da festa para degustar os caldos da IXP do Morrazo e dos adegueiros locais.

As palilleiras farán tamén unha exposición dos seus traballos no stand da carpa que complementará a presenza en Riomaior dos artesáns locais. As casetas adquiridas polo Concello a finais do 2021 con motivo do primeiro Mercadiño de Nadal volverán acoller a Laura Filgueira con ERRE3; Carmen Castro con Cachiboreta e Obradoiro Hedra.

O goberno local complementa así, cun escaparate da artesanía local, o programa da Festa do Viño de Vilaboa que terá lugar esta fin de semana os días 11 e 12 de maio debaixo do viaduto de Riomaior. Nesa explanada instalarase a carpa que acollerá os stands de adegas da IXP do Morrazo e de colleiteiros locais que aproveitarán o evento para dar a coñecer a singularidade dos seus brancos e tintos.

Elisa Ruibal García “Casa da Boullosa”; Manuel Collazo Fernández; Jesús Amoedo Leiro “Casa da Torre”; Martín Torres González “Casa Cañoteira”; Nilda Alvariña, Furancho Antonio, Furancho de Jorge, Adega Ardán (Marín) e “Adega Os Areeiros” exporán os seus viños que poderán degustarse nunha copa editada polo Concello para esta ocasión e serigrafiada co logo da Festa e que poderá adquirirse ao prezo de 3 euros, retornables en caso de devolvela en perfectas condicións.

Postos de comida (polbo, churrasco e ostras), e tamén de doces, acompañarán aos bos viños locais nunha programación que arrancará o sábado de 12 a 24 horas e o domingo de 12 a 17 horas e na que a promoción dos caldos estará arroupada por actividades culturais e unha potente proposta musical, co concerto de Treixadura ás 22 horas do sábado e a actuación da Banda da Escola de Música de Vilaboa ás 12.30 horas do domingo. Tras este concerto terá lugar a entrega de distincións aos gañadores das catas e será o turno de Oswaldo García, reporteiro no que este ano recae a lectura do pregón.

Tanto o alcalde, César Poza, como a concelleira de Dinamización, Carmen Gallego, convidan á veciñanza a acudir a esta festa de promoción dos viños locais e animan aos residentes no entorno a facelo camiñando, para evitar colapsos de tráfico.

Relacionadas

O Concello de Nigrán estrea este sábado un roteiro sobre o célebre arquitecto galego...

0
O Concello o encadra na súa programación cultural para festexar o 150 aniversario do seu nacemento ao supor o Templo Votivo unha das súas...

A Deputación advirte da importancia de mellorar a aireación das viñas para protexelas fronte...

0
Recomenda ademais seguir aplicando insecticida contra a flavescencia dourada nos viñedos do sur da provincia e manter a vixilancia ante o avance do oídio A...

Os alcaldes da Guarda, Caminha e O Rosal reuníronse para debater sobre a futura...

0
Os tres responsables dos concellos que constitúen a “Eurocidade da Foz do Miño” reuníronse esta semana en Caminha. Rui Lages (Caminha), Roberto Carrero (A...

Bosnia-Herzegovina, Chile, Uruguai e Italia protagonizan a Noite Internacional do Miño

0
A cita será o próximo martes, 30 de xullo, ás 21.30 h no Parque do Laxal en Rebordáns O folclore máis internacional darase cita o...

A Biblioteca Municipal de Tui incrementou nun 30% os préstamos no primeiro semestre de...

0
Nos seis primeiros meses do ano máis de 9 mil libros foron retirados para a lectura a domicilio. Incorporáronse case 600 novos exemplares Significativo incremento...

A “Festa da Bicicleta” dentro dos actos da XXIX Festa da Lamprea

0
Aberta inscrición da Festa da Bicicleta que terá lugar o o domingo 11 de agosto dentro dos actos que organiza o Concello co Gallo...

Publicacións Relacionadas