Home Pontevedra As podas chegan á oliveira da Oliva, ás camelias de García Camba,...

As podas chegan á oliveira da Oliva, ás camelias de García Camba, aos ficus de Cruz Gallástegui e ás palmeiras da avenida de Vigo

- Anuncio -

Tamén se están a podar tres exemplares de plátanos da avenida de Bos Aires, fronte ao Centro de educación de adultos porque están secos ou enfermos. Será preciso restrinxir o estacionamento do centro así como o peche puntual dun carril de circulación.

A cidade está a vivir nestes días nun plan intensivo de mantemento das árbores urbanas en distintas rúas e prazas. Branco Porto, Cruz Gallástegui, Praza de San Xosé, Oliva, García Camba, avenida de Vigo ou a avenida de Bos Aires son puntos nos que se están a realizar traballos de poda e tala por parte da Concellaría de Servizos urbanos básicos que xestiona Xaquín Moreda. O obxectivo é compaxinar o benestar e a saúde dos exemplares coa vida da cidade e dos veciños e veciñas.

Nestas semanas as podas fixéronse nas rúas Cruz Gallástegui, Branco Porto e Castelao onde se podaron os ficus. Foron podas notables para airear as copas, alongar a vida das árbores e reducir os problemas de convivencia que estaban a provocar achegándose ás fiestras ou molestias aos peóns ou o tránsito dos vehículos con seguridade.

En semanas anteriores podouse a oliveira da rúa Oliva rebaixando a súas pólas para adaptalo á rúa peonil, e tamén as camelias de García Camba; as magnolias da praza de San Xosé e a oliveira situada na traseira da igrexa da Peregrina.

Á par continuábase coa eliminación da ramaxe seca das palmeiras da avenida de Vigo, seguindo os traballos que se iniciaron hai escasos días na rúa Gutiérrez Mellado.
Ademais, a Concellaría empezou esta semana a tala de tres exemplares de plátanos da avenida de Bos Aires situados nas proximidades do pavillón universitario e fronte ao Centro de educación para adultos (antiga Maxisterio) na avenida de Bos Aires. Trátase de tres exemplares secos ou con enfermidades que é preciso talar por seguridade.

A tala comezou esta semana polo exemplar pegado ao edificio do pavillón universitario, e continuará a vindeira semana fronte ao centro educativo da Xunta, polo que se prohibirá o estacionamento interior do edificio nas xornadas do luns e do martes. Ademais, está previsto pechar puntualmente o carril de circulación máis próximo aos edificios para evitar perigos e garantir a seguridade peóns e condutores, así como dos traballadores xa que se fai a tala en altura derramando as árbores.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas