Avanzan as negociacións para converter en realidade a nova EDAR de Arcade

Redacción
Lectura mínima de 2
  • O alcalde, Manu Lourenzo, e a interventora do concello de Soutomaior, María Jesús Rodríguez, mantiveron unha reunión esta mañá co director de Augas de Galicia, Roi Fernández, para establecer os termos da nova EDAR no concello.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a interventora do concello, María Jesús Rodríguez, mantiveron unha reunión co Director de Augas de Galicia, Roi Fernández, en Santiago, co obxectivo de sacar adiante a nova EDAR de Arcade.

Dende o concello, o alcalde, quixo esta mañá agradecer o esforzo que se está realizando para sacar adiante este proxecto e a boa sintonía que hai, en relación a esta importante infraestrutura con Augas de Galicia.

O alcalde, Manu Lourenzo, lembrou hoxe que “dende que entramos no Goberno tivemos como obxectivo clave desatascar un proxecto que levaba moito tempo parado e que para nós é unha prioridade. Agradezo a boa disposición de Augas de Galicia, cremos que estamos no camiño correcto para devolver á Ría de Vigo o seu estado ambiental que nunca debeu perder. Unha Ría que cómpre lembrar que é o motor económico e de sustento de centos de familia no noso concello. É por isto que é a nosa labor dar resposta e actuar para que Arcade teña a nova EDAR canto antes”.

Comparte este artigo