O Concello de Baiona, en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado, celebrará o vindeiro mércores 22 de abril o XXXI Open de Tenis de Mesa Adaptado para persoas con discapacidade intelectual.
O pavillón municipal acollerá esta xornada especial de 10.30 a 13.30 horas.
Desde o Concello de Baiona invítase á cidadanía para acompañar ás persoas participantes.

