A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona (ACEBA), entidade sen ánimo de lucro, coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, así como do Concello de Baiona, organiza unha nova edición de Baiona en Vela – Edición Primavera, que se celebrará os días 1,2 e 3 de Mayo na rúa Carabela a Pinta.
O principal labor da iniciativa consiste en apoiar ao pequeno comercio, ofrecendo aos establecementos a posibilidade de sacar á rúa o seu excedente de stock para incentivar as vendas e dinamizar a economía da Vila.
A edición de primavera de Baiona en Vela coincidirá coa ponte o que permitirá aproveitar a notable afluencia de visitantes prevista durante esa fin de semana.
Debido a este evento produciranse cortes de tráfico na rúa Carabela A Pinta que durasen desde a tarde do venres 1 ao luns 4 pola mañá por mor da montaxe e desmonte dos postos do mercado.
Desde o Concello de Baiona invitamos a veciños e visitantes a desfrutar dun ambiente animado, apoiar o comercio local e participar nesta proposta que une economía, tradición e comunidade.

