BAIONA ACOLLE O PROXECTO PESCA SAÚDE
Este martes 5 de maio de maio, a veciñanza puido desfrutar nos arredores do centro de saude de Baiona deste proxecto de promoción de consumo de produtos pesqueiros e hábitos de vida saudables, organizado pola consellería do mar a través do GALP Ría de Vigo – A Guarda e cofinanciado pola Unión Europea (FEMPA). O Concello de Baiona hase unido á campaña divulgativa e a poboación tivo a oportunidade de desfrutar de petiscos saudables a través dunha foodbike en horario de 11:00h a 13:00h. Os asistentes recibiron guías de nutrición, receitarios e sorpresas …

