Home O Morrazo Bueu Bueu acolle o sábado 27 de abril o III Festival Artístico e...

Bueu acolle o sábado 27 de abril o III Festival Artístico e Solidario ‘Art for Change

- Anuncio -

• O evento, promovido polo IES Johan Carballeira e o Concello de Bueu, insírese no proxecto educativo Twinning Oceans of Culture, Culture Of Oceans (OCCO) e ensamblará ciencia, arte e solidariedade

• As actividades estenderanse entre as 11 e as 21 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester e no Parque Ramal dos Galos

A vila de Bueu vivirá o próximo sábado, 27 de abril, un día ateigado de ciencia e arte, pois o IES Johan Carballeira e o Concello de Bueu promoven o III Festival Artístico Solidario ‘Art for Change’, no que colabora toda a comunidade educativa, as asociacións de nais e pais da vila, os centros educativos e diversos colectivos da comarca. Ao longo de toda a xornada estenderanse na Biblioteca Municipal Torrente Ballester e no Parque Ramal dos Galos as actividades a través das cales se achegará a ciencia e a arte aos diversos sectores da cidadanía, e coas que tamén se recadarán fondos para as asociacións Amencer de Pontevedra, dedicada á parálise cerebral, e A Illa dos Ratos de Cangas, que organizan rutas pola contorna.

Este xoves celebrouse no Parque Ramal dos Galos a rolda de prensa de presentación do evento, na que participaron alumnas de 4º de ESO do IES Johan Carballeira, as direccións dos centros educativos da vila, representantes das anpas, Carmen García, concelleira de cultura, e Alberto Moital, edil de patrimonio.

Coa cultura celta como eixe central, na feira haberá actividades de música, obradoiros, pintacaras, poesía, e representacións teatrais. Ademais, os centros educativos participantes (CEIP A Pedra, CEIP da Torre Cela, CEIP Montemogos, CPR Virxe Milagrosa, CPR Eduardo Pondal e IES Espiñeira) elaboraron ao longo do curso unha gran variedade de produtos orixinais que venderán á cidadanía que se achegue, como obxectos con formas celtas, bolsas, papeis reciclados de sementes…

O venres 26, e como adianto do festival, o Centro Social do Mar acollerá a obra de teatro “Plan de rescate” que se poderá ver a partir das 20 horas, e no que participa o alumnado do IES Johan Carballeira.
Xa o sábado, a partir das 8 horas a Asociación Cunchas e Flores confeccionará xunto a alumnado unha alfombra floral no recinto. A apertura oficial do festival terá lugar o sábado ás 11 horas, momento a partir do cal se poderán ver os postos de venda e gozar das diversas actividades propostas.

O programa completo anunciarase nos vindeiros días, pero dende a organización xa avanzan que haberá actividades como a construción dunha cabana celta e dun labirinto, un obradoiro de radio escola, poesía na rúa, micro aberto de música, representación de “A lenda de Breogán”, obradoiros do Museo Massó sobre astronomía, e concertos con grupos como Son Of Asgard e Diving Throught Jellyfishes, entre outros.
Orixe do festival

O Festival Art For Change naceu no curso 2021/2022 como parte dun proxecto Eramus+ chamado “Oceans of Culture, Culture Of Oceans”, no que se analizou xunto a outros seis países (Lituania, Estonia, Irlanda, Portugal, Francia e Turquía) como vivir a carón do mar enriquece e transforma a vida nas vilas mariñeiras. Tomando como referencia a Feira da Ciencia e da Literatura organizada en anos anteriores polo mesmo instituto, púxose en marcha un festival solidario que recadou, nesa primeira edición, un total de 2.362 € que se repartiron entre as ONGs BDRI e Pallasos sen Fronteiras. No curso seguinte, e seguindo a mesma temática, celebrouse a segunda edición, na que medrou a afluencia de público, e se recadaron case o dobre de cartos, concretamente 4.225 €, que foron a parar a 13 grados e Save the children.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas