O alcalde e membros da Corporación asistirán aos actos que se celebrarán no entorno da capela propiedade do Concello
Os veciños e veciñas de Lantaño (Portas) honrarán mañá sábado a San Pedro Mártir cunha serie de actos que darán comezo ás 12 do mediodía cunha misa solemne na capela de titularidade municipal ubicada no lugar de Cachal.
Ao remate terá lugar unha procesión na que estarán presentes ademais da imaxe de San Pedro Mártir a do Nazareno. O alcalde, Ricardo Martínez, portará o bastón de mando e acompañará ao séquito durante todo o percorrido no que tamén estarán membros da Corporación Municipal.
A comitiva partirá desde a capela e o entorno do Cruceiro do e chegará ata o de Paredes onde a procesión dará volta de regreso ao templo.
Ás 13:30 horas terá lugar un concerto na propia prazas existente nas inmediacións da capela e do Cruceiro do Culebrón a cargo da Banda de Música Unión de Lantaño. Unha vez rematada a actuación musical procederase a compartir cos asistentes uns aperitivos de balde por xentileza do Concello de Portas.
UNHA CAPELA DE TITULARIDADE MUNICIPAL
Esta celebración se enmarca dentro do acordo de doazón da capela de San Pedro Mártir ao Concello de Portas feita polos señores Gándara Gómez e Remedios Junquera Gómez, herdeiros da familia Buceta Quintáns, mediante o cal o templo pasaba á propiedade municipal estando obrigado a administración local a promover un acto destas características na honra de San Pedro Mártir.