O campamento de verán da Lama, S.D. en colaboración co Concello, desenvolverase entre o 22 de xuño e o 4 de setembro en horario de 10 a 14 horas.
O campamento de verán CampaLama 2026 organizado pola Lama, S.D. en colaboración co Concello da Lama abre a partir do 18 de maio o prazo de inscrición para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 14 anos. A iniciativa sociodeportiva ten co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante o verán ao tempo que se promove un ocio saudable nun contorno seguro e dinamizador.
Este ano terá como novidade importante a apertura de matrícula para nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 5 anos coa intención de que teñan unha programación especial adaptada ás súas necesidades tanto cognitivas como psicomotrices coa intención de que a través de monitores especialmente orientados cara eles disfruten dun verán moi especial en contacto coa natureza.
O campamento desenvolverase entre o 22 de xuño e o 4 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e organizarase en quendas quincenais ofrecendo así maior flexibilidade ás familias á hora de escoller as datas de participación. Tamén se mantén a opción de inscrición por mes completo.
En canto aos prezos, establécense as seguintes modalidades: Unha quenda quincena: 70 euros, mentras que o mes completo terá un custo de 110 euros manténdose os descontos para irmáns, como en ocasións anteriores.
O programa inclúe un amplo abano de actividades como fútbol, inchables, xogos de mesa, manualidades, bádminton, tiro con arco, ping pong, parque acuático, pedaletas e montar a cabalo, entre outras propostas pensadas para o lecer activo e a convivencia.
REFERENTE LÚDICO, EDUCATIVO E DEPORTIVO DO VERÁN
As persoas interesadas poderán formalizar a matrícula na Biblioteca-OMIX do Concello da Lama ou solicitar máis información no teléfono 986 76 82 38 (Extensión 4).
Esta proposta de lecer para o verán na Lama consolídase como un referente educativo e deportivo que combina as actividades no campo municipal de Racelo coas saídas á praia fluvial do río Verdugo, visitas ao Encoro de Eiras e ao Fornelos Wake Park, visitas lúdicas e educativas a diferentes lugares da provincia, etc.
Desde a organización anímase ás familias a participar nesta proposta consolidada, que cada verán reúne a numerosos nenos e nenas nun ambiente de diversión, aprendizaxe e socialización.

