Adxuntamos nota de prensa, cartel e imaxes sobre «As voces de Catoira», un escape room gratuíto ao aire libre que organiza o Concello de Catoira e que se celebra este domingo 20 de setembro ás 18:00 horas, con punto de encontro diante do Club de Piragüismo.
Trátase dunha aventura en galego para xogar en equipo, aberta a familias, cuadrillas e público de todas as idades. Xógase desde o navegador do móbil, sen descargar ningunha aplicación, e percorre por xeolocalización a praia fluvial, as Torres do Oeste e o CACTO nun itinerario de arredor de hora e media.
A actividade forma parte da programación de dinamización lingüística do Concello de Catoira, financiada pola Xunta de Galicia. O deseño e a dinamización corren a cargo de Escapeo.
A inscrición é gratuíta, con prazas limitadas, en escapeo.com/as-voces-de-

