Home Pontevedra César Poza destaca a consolidación da Festa do Mar e agradece a...

César Poza destaca a consolidación da Festa do Mar e agradece a resposta dos comensais

- Anuncio -

Na entrega dos diplomas aos premiados no Concurso de Catas, o alcalde valorou tamén a participación dos artesáns de Vilaboa

O alcalde de Vilaboa, César Poza, aproveitou o momento da entrega de diplomas aos establecementos gañadores do Concurso de Catas da Festa do Mar de Vilaboa para agradecer a implicación do conxunto da cidadanía cun evento xa consolidado e que busca poñer en valor tanto o produto da ría como o traballo da Confraría, de mariscadoras, mariñeiros e bateeiras. Representantes destes sectores formaron o xurado que determinou os premios nesta edición e fixeron entrega dos diplomas a cada entidade gañadora.

Tanto César Poza como Carmen Gallego, concelleira de Dinamización Económica, destacaron que o excelente respaldo do público a esta festa, nunha edición na que se duplicou a capacidade da carpa e os restaurantes participantes triplicaron a cantidade de produto solicitado á Confraría en previsión dunha afluencia superior á da pasada edición. “A falta das cifras finais que nos permitan facer balance con cifras, sabemos que a xente se vai moi satisfeita e ata sorprendida tanto polo sabor dalgunhas tapas como polo resultado da mestura de sabores”, apunta Carmen Gallego, convencida de que esta Festa é “moi necesaria; o sector necesitábaa e demandabaa e agora comprobamos que a cidadanía tamén”.

César Poza agradeceu tamén o compromiso tanto con esta Festa como con outros eventos organizados polo Concello de Vilaboa dos artesáns locais, representados na carpa por Cachiboreta, o obradoiro orfebre Hedra de Pilar Blanco e Errre3, con artigos de impresión dixital. “Deixades moi alto o pavillón local e demostrades cada día o potencial creativo de Vilaboa”, engadiu.

A patrona maior da Confraría de Vilaboa Maricarmen Cortegoso Gómez, Mari González Piñeiro e María José Castro Gómez foron as encargadas de entregar os diplomas na categoría de Mellor Sabor ás tapas do restaurante A Garboa;  á Mellor Presentación á  tapa de mexilóns en escabeche de A casa de Rosa de Mazaroca e o premio á Innnovación á panadería e pastelería Os Laranxos pola súa empanada  de mexilóns con chourizo.

A actuación de Os Bregadiers puxo a nota musical á xornada.

Relacionadas

O consistorio dota de sanemento a PonteCabaleiros e Urzal

0
As obras consistiron en dotar de saneamento a barrios da parroquia de Barcela en Arbo, que carecían do mesmoAs obras, cuio importe ascendeu a...

O vicepresidente Rafa Domínguez presenta “Unha árbore cae”, a publicación editada pola Deputación que...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de presentar no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra “Unha árbore cae”, a publicación editada...

O concello de Bueu recibe aos alevíns do Club do Mar Bueu polos éxitos...

0
Dende o consistorio déronlles os parabéns polo 6º posto acadado no LXXXI Campionato de España de Bateis O Concello de Bueu organizou esta tarde un...

A Deputación concede preto de 50.000 € a Ponte Caldelas para reparar o campo...

0
Trátanse de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que repartiu xa 2,5 millóns de euros entre os concellos de menos de 50.000 habitantes...

A Deputación celebra a inclusión dos xardíns da Estación Fitopatolóxica Areeiro na Ruta dos...

0
Trátase do segundo xardín da Deputación en formar parte deste percorrido promovido pola Xunta de Galicia, que xa incluía os do Castelo de Soutomaior Na...

Convocada unha visita á piscina municipal para as empresas interesadas en presentarse á súa...

0
Esta visita enmárcase no proceso aberto de licitación para contratar á empresa que se encargará de xestionar a piscina municipal, unha vez rematado o...

Publicacións Relacionadas