● O conselleiro de Sanidade destacou que “esta mesma semana acudimos ao notario a asinar a escritura de cesión da parcela e no mes de marzo licitaremos o proxecto”
● “Precisase de estabilidade e pensar nos galegos para que estes proxectos salgan adiante” incidiu Comesaña na visita á parcela do futuro centro na que estivo acompañado polo presidente do PP en Barro, Eduardo Ruadas
O conselleiro de Sanidade e candidato na lista do PPdeG por Pontevedra, Julio García Comesaña, visitou hoxe xunto ao presidente da xestora do PP de Barro, Eduardo Ruadas, e a secretaria xeral do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro, a parcela onde se construirá o futuro centro de saúde de Barro conforme ao previsto no Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria aprobado polo goberno galego en outubro de 2021.
Comesaña lembrou que foi o gobernó da Xunta o que levou a iniciativa na proposta de construción do novo centro neste Plan, procurando despois da administración local a cesión da parcela que esta considerou oportuna. “A iniciativa foi do gobernó galego” apuntou Comesaña. O conselleiro e candidato agradeceu ao PP de Barro o seu compromiso por votar a favor do convenio e deixar atrás discrepancias partidistas.
Grazas a este acordo, o novo centro dobrará o espazo do actual ata superar os 600 metros cadrados permitirá, ademais de renovar as consultas de medicina, enfermaría e pediatría, habilitar unha área da muller cunha consulta de matrona e incrementar espazos nunha sala polivalente, unha consulta de enfermería pediátrica e unha sala de xuntas para o persoal.
Comesaña detallou a situación actual dos trámites para a posta en marcha deste proxecto, destacanod que “esta mesma semana acudimos ao notario a asinar a escritura da cesión da parcela e no mes de marzo licitaremos o proxecto”.
Apelou así ao “esforzo de planificación” e á “coherencia” da Xunta para concluír que “só un goberno do PP unido, estable e cunhas contas e unhas finanzas saneadas é capaz de trazar un plan, avanzar nos trámites e poñer o orzamento necesario para executalo”.
Deste xeito, lembrou que o goberno do PP construíu ou reformou máis de 130 centros de saúde desde o ano 2009 e que completou nesta lexislatura unha dotación de 30 millóns de euros en novos equipos diagnósticos para os servizos de atención primaria.
“Precisase de estabilidade e pensar nos galegos para que estes proxectos salgan adiante, lembremos que os partidos que queren formar un goberno alternativo pasáronse anos desprezando este tipo de actuacións e dicindo que na sanidade non hai que investir en cemento”, rematou o conselleiro.