Home Pontevedra Baixo Miño Concello e Anabam traballan para contribuír á conservación de insectos polinizadores

Concello e Anabam traballan para contribuír á conservación de insectos polinizadores

- Anuncio -

Tomiño desbroza parcelas de forma selectiva para manter a poboación de sírfidos, totalmente inofensivos e moi beneficiosos para o ecosistema polo seu traballo polinizador

O descenso das poboacións de insectos a nivel mundial está a alarmar dada a importancia ecolóxica destes pequenos insectos beneficiosos e as graves consecuencias ecolóxicas, sociais e económicas da súa progresiva desaparición. Concienciado coa importancia de adoptar medidas urxentes para favorecer a súa conservación, o Concello de Tomiño colabora coa Asociación Naturalista Baixo Miño, Anabam, nunha campaña entomolóxica coa que se pretende conservar as poboacións de insectos polinizadores como os sírfidos, unha especia de moscas con aparencia similar ás avespas totalmente inofensivos e moi beneficiosos para o ecosistema.
A concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, e integrantes de Anabam visitaron estes días os labores de desbroce de parcelas de forma selectiva, unha iniciativa coa que se deixarán partes sen rozar para dedicalas aos insectos polinizadores. Segundo a Lista Vermella elaborada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza (UICN), o 37% dos sírfidos europeos están ameazados, polo que con esta iniciativa “deixamos parcelas con flores, xa que son insectos florícolas, para axudar a manter a súa poboación e evitar que acaben desaparecendo”, explica Casaleiro.
Os insectos teñen unha taxa de extinción oito veces máis rápida que a de mamíferos, aves ou réptiles, un declive que se dá como consecuencia da perda de hábitat, especialmente de praderías e pastos. Estímase que o 40% das especies de insectos polinizadores están en risco de extinción como consecuencia das actividades humanas, “polo que debemos tomar medidas para conservar a incalculable importancia ecosistémica dos insectos, especies cunha grande importancia económica, social e cultural”.

Relacionadas

O Porriño redobra a súa aposta pola industria e a actividade empresarial coa distinción...

0
Desde febreiro deste ano é un dos 156 Concellos Emprendedores de Galicia, e un dos 25 que hai na provincia de Pontevedra Concello e Xunta...

O concello de Redondela presenta a nova web e a Tarxeta Cidadá Virtual

0
- A nova tarxeta virtual permite acceder aos servizos municipais e facer trámites a través da web ou dende o propio móbil grazas á...

Tomiño busca incorporar o Bacharelato de Artes ao IES Antón Alonso Ríos

0
O pleno do Concello aprobou a proposta de Alcaldía instar á Xunta a ampliar a oferta educativa e iniciar canto antes as obras de...

O BNG de Meaño convoca á veciñanza a unhaxornada de “O BNG ESCOITA, SEGURIDADE...

0
Será este venres 3 de Maio, ás 21h na Casa se Cultura de Dena. O BNG de Meaño ten o pracer de anunciar a celebración...

O concello de Nigrán ofrece o xoves 9 de maio unha excursión de maiores...

0
A inscrición será o venres 3 de maio de 9:30 a 12:00 no Pavillón de Panxón e o custe de 25 €/persoa O Concello de...

A Senda das Mámoas do Lago de Castiñeiras estará a punto para o 2...

0
A concelleira de Patrimonio, Beatriz Rodríguez, visitou xunto con Juan Castro, da empresa Anta de Moura, a nova Senda das Mámoas, un proxecto de...

Publicacións Relacionadas