A participación na concentración está aberta a todos os vehículos de máis de 30 anos, pero por motivos de espacio no parque pechado temos que dar prioridade os vehículos anteriores a 1992.
Os vehículos poderán entrar e sair libremente e atenderán as indicacións da organización para aparcar.
MUSEO DO VIÑO
Pra participar na visita ao Museo do Viño de Salvaterra de Miño é preciso inscribirse antes do 16 de maio por Whatsapp, nos teléfonos 609 878 767- 630 315 528. As prazas son limitadas.
A saída desde o parque pechado será ás 10:45 e a visita comezara ás 11:15. O rematar a visita voltaremos a Lourido.
Rogamos os asistentes a máxima puntualidade.
COMIDA
A comida é con inscripción previa antes do 23 de maio e farase por Whatsapp, nos teléfonos 609 878 767- 630 315 528. As prazas son limitadas.
Rogamos a xente que vai participar na comida nos faga saber no momento da inscripción se veñen en grupo ou queren sentarse na mesa con outros participantes para así poder organizar mellor as mesas xa que temos o espazo xusto.
Pedimos a todos os participantes que retiren os tickets da comida tan pronto cheguen o recinto para non retrasar o inicio da comida.
A carpa da comida abrirá as 13:30 para comezar a comer sobre ás 14:00.
RUTA
A ruta percorrerá varias parroquias veciñas ata chegar o centro de Salvaterra de Miño e o posterior regreso a Lourido.
Deben respectarse as normas de tráfico e facer caso das indicacións da organización e de Protección Civil.
LANZAMENTO DE CULATA.
Para participar na proba de lanzamento de culata e poder optar ao premio é necesario inscribirse o propio día.
Rogamos a todos os asistentes a máxima puntualidade, sobre todo para visitar o museo e tamén á hora da comida para que así poidamos todos disfrutar dun magnifico día..

