Home Pontevedra A Paradanta Covelo e AFAGA alíanse para previr e mellorar o día a día...

Covelo e AFAGA alíanse para previr e mellorar o día a día das familias con enfermos de Alzheimer

- Anuncio -

Grazas a esta colaboración a veciñanza de Covelo poderá participar nas distintas clases gratuítas impartidas unha vez á semana por profesionais da saúde dentro do obradoiro Cultiva a Mente

O Concello de Covelo e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Galicia (AFAGA) asinan un convenio de colaboración que permitirá desenvolver actividades formativas e preventivas relacionadas coa saúde ao longo de todo o ano.

O presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez, e o alcalde de Covelo, Pablo Castillo, coincidiron en salientar a importancia de establecer alianzas para a mellora da calidade de vida non só das persoas que padecen Alzheimer tamén das familias e persoas coidadoras.

Grazas a esta colaboración a veciñanza de Covelo poderá participar nas distintas clases gratuítas impartidas por profesionais da saúde dentro do obradoiro Cultiva a Mente que vén de comezar e prolongarase ata o mes decembro con sesións dunha hora e media unha vez á semana.

O obradoiro “Cultiva a Mente” é un proxecto que abrangue a prevención da demencia e a promoción de hábitos saudables a nivel cognitivo e emocional. Os participantes teñen un rol predominantemente activo nun programa formativo que explora as preocupacións e necesidades de cada individuo, proporcionando unha resposta útil para ó seu día a día proporcionando hábitos saudables no plano cognitivo e afectivo.

Os obradoiros, enmarcados na estratexia local Covelo Cóidate, comezan cunha valoración de cada usuario, concretamente das súas capacidades cognitivas. Neste senso utilízase a escala SAGE co gallo de detectar un posible deterioro cognitivo, dado que en caso de sospeita de que a persoa poida padecer algún tipo de demencia activaranse os protocolos de derivación, asesoramento e acompañamento pertinentes.

Deste xeito o Concello de Covelo e AFAGA promoven un envellecemento cognitivo saudable, a adhesión a un estilo de vida activo e saudable por parte das persoas maiores participantes, promoven o desenvolvemento de estratexias de memoria activas e o coñecemento cognitivo e metacognitivo, ampliando a información sobre os procesos cognitivos e como aplicalos eficazmente nas tarefas da vida diaria. Ademais de mellorar o axuste persoal e social das persoas participantes, aumentando a calidade de vida.

AFAGA nace no ano 1994 co obxectivo de ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que o soliciten e achegar a realidade desta enfermidade a entidades públicas e privadas para conseguir unha resposta ampla e eficaz á demanda deste colectivo e estimular e colaborar nas investigacións que se realizan sobre esta doenza.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas