Home Pontevedra Crean en Vilaboa unha Asociación Veciñal para promover a concentración parcelaria

Crean en Vilaboa unha Asociación Veciñal para promover a concentración parcelaria

- Anuncio -

As persoas impulsoras deste colectivo convidan á veciñanza a interesarse e implicarse nesta iniciativa

Un minifundismo extremo, o incremento de parcelas agrarias improductivas, unha masa forestal sen explotación sostible son algúns dos rasgos do territorio vilaboés como consecuencia da evolución demográfica rexistrada nas últimas décadas.

Unha realidade da que parte a recén constituida asociación veciñal Concentración de Vilaboa e que ambiciona promover unha parcelaria en todo o municipio. Tanto Mario Dios, presidente do colectivo, como Daniel Moradiellos, secretario, ven na Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia un reflexo do que está a acontecer en Vilaboa: “Cada vez menos persoas se adican ao traballo da terra o que provoca que se incremente o número de parcelas abandonadas e cada vez é maior a porcentaxe de poboación que se desliga do rural”. Parcelas pequenas, dispersas e polo tanto pouco rendables debuxan un panorama que o novo colectivo quere mudar a través dunha parcelaria que agrupe as terras, tanto agrarias como forestais, como punto de partida para unha maior produtividade.

Hai xa uns meses, a nova asociación sondeu á veciñanza, porta a porta, na parroquia de Vilaboa “e encontramos un interese practicamente total entre as persoas consultadas. E vimos que as súas inquedanzas están perfectamente reflexadas na exposición de motivos das sucesivas leis desenvolvidas pola Xunta nas que falan de pequenas parcelas, dispersas, abandonadas e descoñecidas polas novas xeracións que se alonxan do rural”.

E nese porta a porta, Mario Dios e Daniel Moradiellos encontráronse con que “a xeración dos avós é a que hoxe ten maior interese na concentración parcelaria porque ven que os seus netos non só se alonxan do agrario, senón que ata descoñecen as parcelas”.

Con este traballo feito hai xa uns meses organizaron a primeira reunión informativa no colexio do Toural, na que volveron constatar un interese crecente en dar os primeiros pasos para que a concentración parcelaria chegue a Vilaboa, o que os animou a constiturise como asociación, sumando ao equipo a Elena Crespo e a Iovanna Perdiz. “Para dirixirnos ás administracións temos que ser un colectivo legalmente constituído, e esa é a senda na que estamos”. Confían en poder trasladar as súas pretensións á Consellería de Medio Rural en breve, para que un equipo técnico determine a viabilidade da parcelaria en Vilaboa.

A asociación ten previsto organizar máis xornadas informativas no municipio e convidan á veciñanza a implicarse e participar para levar a bo porto este proxecto. Tamén a poñerse en contacto co equipo directivo e solicitar máis información a través do correo electrónico concentracionvilaboa@gmail.com

Contan co apoio do Concello de Vilaboa. “É moi interesante que nazan iniciativas como esta que nos van permitir pulsar a opinión da veciñanza ao respecto. Non cabe dúbida que unha concentración das parcelas, tanto agrarias como forestais, suporía unha mellor e máis óptima organización do territorio”, conclúe César Poza.

Relacionadas

Armando Bastida, criar con sentido común ou como educar sen morrer no intento

0
A Semana da Educación arrancou este luns a súa décima edición coa conferencia do enfermeiro experto en saúde infantil e educación, que ofreceu ao...

Arbo e Sainte-Terre fortalecen lazos de unión coa firma do irmandamento en Francia

0
• No Salón de Plenos do Municipio de Sainte-Terre, levou a cabo a firma oficial do Memorando de Entendemento entre Santa Terre (Francia) e...

O Pavillón de Carballedo pasará a denominarse “Xose Luis Bouzas Ambroa, O Rubio”

0
O PP vota NON a reclamar a mellora do tendido eléctrico, e impide o debate dunha moción de rexeitamento a megacelulosa de Altri O Pleno...

O Concello de As Neves segue mellorando os accesos ás vivendas da veciñanza

0
• Actuacións na zona de Guláns/Estación para  garantir mellores infraestruturas locais  As Neves a 10 de febreriro de 2025.- O Concello de As Neves continúa...

O Concello lanza unha campaña especial por San Valentín

0
Con “Tui, meu amor” aposta por eventos inmersivos para disfrute de toda a familia O Concello de Tui presenta a campaña "Tui, Meu Amor" con...

A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza

0
Un concerto este sábado ás 21 h no Teatro Municipal conmemorará este aniversario A Eurocidade Tui-Valença celebra trece anos de cooperación transfronteiriza cun concerto a...

Publicacións Relacionadas