Home Pontevedra A Paradanta Crecente e Cerdedo Cotobade estrean cuberta da posta de pádel e equipamento...

Crecente e Cerdedo Cotobade estrean cuberta da posta de pádel e equipamento do ximnasio municipal tras un investimento de 70.000 euros

- Anuncio -

_A cuberta da pista de pádel de Crecente contou cun orzamento de 41.000 euros e o equipamento do novo ximnasio municipal de Cerdedo-Cotobade está valorado en máis de 28.000 euros

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo delegado territorial da Xunta na provincia, Luis López, visitou os concellos pontevedreses de Crecente e Cerdedo-Cotobade onde a Xunta de Galicia vén de cofinanciar actuacións nas súas instalacións deportivas cun investimento total de 70.000 euros.

No caso de Crecente, secretario xeral e delegado visitaron, da man do alcalde Julio César García-Luengo, a pista de pádel na que vén de instalarse a cuberta cun orzamento de 41.000 euros, dos que a Xunta de Galicia achegou o 83% (34.000 euros) e o concello o restante 17% (7.000 euros). Lete Lasa destacou o gran crecemento do pádel nos últimos anos evidenciando que “a pista de pádel de Crecente motiva que moitos cidadáns e cidadás practiquen actividade física”. Neste sentido apuntou cara a importancia de instalar unha cuberta para a súa protección da choiva ou das inclemencias climáticas e garantir o seu uso durante todo o ano. A pista de pádel atópase nun complexo no que tamén se localizan o ximnasio municipal e o pavillón municipal, ademais de atoparse moi próximo o CEIP.

No caso de Cerdedo-Cotobade, acompañados do alcalde, Jorge Cubela, o secretario xeral supervisou o equipamento do novo ximnasio municipal que contou cun investimento de 28.363,23 euros, dos que a Xunta achegou o 84% (23.863,23 euros) e o concello o restante 16% (4.500 euros). Grazas a esta actuación, o ximnasio municipal reforza a súa polivalencia con elementos fixos e móviles para adaptalo á práctica de diferentes actividades, tanto individuais como colectivas. O material instalado trátase de equipamento para traballo cardio-vascular, equipamento para traballo de forza, así como equipamento para traballo fitness.

Neste exercicio 2022, a Secretaría Xeral para o Deporte conta cun orzamento inicial de 32.489.463 euros que sobe lixeiramente sobre o inicial de 2021 (32.474.216 euros). Deste total, a contía destinada para obras de construción e reforma de infraestrutura deportiva acada os 11,3 millóns de euros, un 24% máis que o destinado en 2021 (9,15 millóns) e que xa ascendera un 118% con respecto a 2020.

Relacionadas

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Xunta pon en servizo o novo aparcadoiro disuasorio de Domaio en Moaña, que...

0
― O orzamento desta actuación, coa que o Goberno autonómico segue a apostar por unha mobilidade máis sostible, elevouse á case 884.000€ ― Diego Calvo...

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

Xosé Merelles avanza que a futura estratexia de Turismo de Galicia 2030 porá o...

0
Recorda que se traballará para manter a boa convivencia, incrementar o grao de satisfacción e consolidar os datos da última Enquisa de Residentes que...

Publicacións Relacionadas