Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade Cubela entrega os diplomas aos alumnos do IES Cotobade que participaron na...

Cubela entrega os diplomas aos alumnos do IES Cotobade que participaron na formación para mediadores e cibermentores

- Anuncio -

• O alcalde salientou a importancia do uso de métodos pacíficos para resolver diferencias e falou da prevención e a utilización responsable da tecnoloxía e as autoestradas da comunicación

O alcalde do Concello de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, fixo entrega esta mañá dos diplomas aos 24 alumnos e alumnas da ESO do IES Cotobade participantes nos cursos de mediación entre igual en centros educativos e de cibermentores que se desenvolveron entre os meses de xaneiro e maio, cun total de 12 horas lectivas.

Durante a entrega dos diplomas o alcalde, Jorge Cubela, salientou a importancia de aprender a resolver os conflitos por métodos pacíficos como xeito de ir creando unha base e uns valores sociais que permitan evolucionar á sociedade cara a un futuro mellor sen guerras nin enfrontamentos violentos.

O alcalde tamén se referiu aos cibermentores como un instrumento de prevención moi interesante e axeitado para evitar o mal uso dos teléfonos móbiles, ás novas tecnoloxías e as redes sociais que pon ao noso alcance as novas autoestradas da comunicación.

A mediación escolar ou mediación entre iguais, é á vez un programa que se implanta nos centros educativos, e un proceso de mediación no cal o almnado é preparado para exercer como mediadores e axudar a compañeiros implicados nalgún conflito para resolvelo de forma pacífica.

Os mediadores estudantís non fan xuízos, non dan consellos e non forzan aos seus compañeiros para tomar decisións sobre os asuntos para mediar.

Traballan de forma conxunta para alcanzar unha solución baseada na estratexia de gañar-gañar, coa que ámbalas dúas partes se sintan satisfeitas, ao lograr o mellor acordo posible.

A mediación escolar ten demostrado ser un método moi eficaz para a integración de habilidades de resolución de conflitos. Axuda aos estudantes para resolver e aprender das disputas interpersoais que se producen entre eles, conferindo un importante aspecto educativo nas escolas nas que se pon en marcha. Prodúcense cambios na forma que teñen os estudantes de entender e resolver os conflitos, e prodúcese unha mellora da autoestima e das súas habilidades de escoita activa e pensamento crítico.

Outro dos beneficios que achega a implantación dun programa de mediación á escola, é a mellora que se produce no clima de aprendizaxe.

Estas habilidades e ensinos son transferibles fora da aula e utilizadas polo alumnado ao longo da súa vida. O programa de mediación supón unha importante fonte de aprendizaxe transversal en materia de resolución de conflitos, valores de convivencia e respecto mutuo e cultura da paz.

CIBERMENTORES PARA PREVIR OS PERIGOS DA INTERNET
Os cibermentores forman parte dun programa educativo para traballar co alumnado contidos relacionados co uso responsable de teléfonos móbiles, dispositivos dixitais, redes sociais e xogos electrónicos: desde o ciberbullying ata a linguaxe sexista, desde a netiqueta ata o sexting, o grooming ou as comunidades perigosas en liña, as noticias falsas ou a
prevención da adicción ao xogo en liña…

Todo o aprendido polos mozos e mozas participantes nesta experiencia formativa serviralles para o futuro e como ferramenta para previr moitos dos perigos que se agochan tras internet, as redes sociais e os distintos elementos da era dixital que lles toca vivir.

Relacionadas

Mondariz celebra o primeiro Serán das Letras cun roteiro literario e un recital poético

0
Render homenaxe ás letras, concretamente ás galegas, é o obxectivo do I Serán das Letras que o Concello de Mondariz organiza da man de...

O PP de Tomiño lamenta que o goberno local rexeite as accións de ...

0
O PP DE TOMIÑO LAMENTA QUE O GOBERNO LOCAL REXEITE AS  ACCIÓNS DE REFORZO DA SEGURIDADE VIARIA NA RÚA REPÚBLICA  ARXENTINA E ADVIRTE DA...

Tui celebrará o 2 de xuño a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente

0
O domingo, 2 de xuño, terá lugar a I Marcha Ciclista polo Medio Ambiente organizada polo Concello de Tui. Esta actividade forma parte do...

A Xunta e o Concello de Barro estudan o proxecto para instalar unha nova...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Barro estudaron a posibilidade de instalar unha nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) na localidade. Nunha...

Luis López sinala o investimento de 770.000 euros para mellorar a mobilidade entre Baión...

0
O presidente provincial, acompañado polos deputados Isabel Couselo e Javier Tourís e o alcalde Gonzalo Durán, presenta á veciñanza deste Concello o proxecto para...

Cuntis aproba o reparto de axudas nomintivas a un total de 14 entidades...

0
• Esta contía, aprobada grazas aos votos a favor do PSdeG-PSOE e coa abstención do Partido Popular e do BNG, supón un incremento  do...

Publicacións Relacionadas