Detido por facer unha manobra de tráfico ilegal na cidade e levar case 26 gramos de cocaína para celebrar o seu cumpreanos

adminON
Lectura mínima de 1

A Policía Local detivo o pasado domingo a un home nado en 1964 por dous presuntos delitos: un contra a  saúde pública e outro contra a seguridade do tráfico, segundo recolle o parte policial.  

Os feitos ocorreron ás 05.40 horas do domingo 26 de maio na rúa Juan Manuel Pintos. O detido incorporouse  co seu coche á circulación facendo un xiro prohibido polo que os axentes, que estaban a facer ronda pola  zona, déronlle o alto.  

Tras a súa identificación, a Policía constatou que o vehículo tiña a ITV caducada e unha luz de frenado  fundida.  

Ademais, o condutor presentaba signos de ter inxerido algunha substancia, que se confirmou dando positivo  na proba de alcoholemia cun nivel de 0,83gr/l e tamén en cocaína.  

No momento en que se lle solicita a documentación, amosa unha carteira na que tiña 58,50 euros e 25  envoltorios cunha substancia branca -cun peso aproximado de 26 gr- que el recoñece que son de cocaína e  que son para celebrar o seu cumpreanos ao día seguinte.  

Finalmente, a Policía deteno ao imputarlle delitos contra a saúde pública e contra a seguridade do tráfico.

Comparte este artigo